Presentación do libro de Roberto Mera Covas

Este sábado presentamos na Casa de Cultura da Cañiza a súa obra «ALEJANDRO VIANA, un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos»

A Casa de Cultura da Cañiza acolleu este sábado a presentación deste traballo, froito do empeño persoal do seu autor, o noso convenciño Roberto Mera, por rescatar do esquecemento unha figura descoñecida pero importantísima da nosa historia máis recente: o seu antepasado Alejandro Viana Esperón, un empresario ponteareán e deputado republicano de esquerdas que durante o estourido da Guerra Civil foi o responsable da organización da saída de miles de refuxiados españois no exilio e da súa acollida en distintos países de Sudamérica.

 

LIBRO:

ALEJANDRO VIANA, un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos

Publicado pola editorial BELAGUA

260 páxinas