A piscina climatizada inicia o curso 2025-2026 o vindeiro 1 de outubro
O Alcalde Luis PIña anunciou esta mañá que xa está aberto o prazo para reservar ou para informarse sobre a formalización de matrículas e inscrición nos cursos da nova tempada do Complexo Deportivo Municipal (Piscina Climatizada e Ximnasio).
As persoas interesadas poden solicitar información ou realizar os trámites directamente no Complexo Deportivo Municipal: pola mañá, nas instalacións do ximnasio (de 8:00 a 14:00 horas), e pola tarde, na recepción da piscina climatizada (de 15:00 a 22:30 horas), de luns a venres.
En canto ás tarifas, estas experimentarán unha actualización tomando como referencia o IPC do ano 2024, é dicir, un 2,8%.
Ademais, tamén quedaron validados os horarios dos cursos que se impartirán ao longo da tempada:
Cursos de piscina
- Mañás: Aquagym, natación de adultos (iniciación e perfeccionamento).
- Tardes: colectivos escolares, cursos de iniciación e perfeccionamento para nenos/as, natación para bebés e aquagym en diferentes franxas.
- Noites: natación de adultos (iniciación e perfeccionamento) e aquagym
Cursos de ximnasio
- Mañás: Body Tonic, Aerobic-Step, Pilates e Mantenimiento.
- Tardes: Taekwondo (iniciados, medianos e maiores), Pilates, Aerobic-Step e Body Tonic.
- Noites: Full-contact e actividades dirixidas ata o peche das instalacións