A piscina climatizada inicia mañá a nova tempada 2026-2027
Así o comunicou o Alcalde, Luis Piña, quen informou de que mañá xoves, 1 de outubro, dá comezo a nova tempada de cursos e actividades do Complexo Deportivo Municipal (Piscina + Ximnasio).
O prazo de matrícula e inscrición continúa aberto, podendo realizarse os trámites e solicitar información directamente na recepción da piscina climatizada, onde se atenderá ao público no seguinte horario:
- De luns a venres: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 22:30 horas.
- Sábados: de 9:00 a 13:00 horas.
En canto ás tarifas, estas experimentarán unha actualización tomando como referencia o IPC do ano 2025, que se situou no 2,9 %.
Como novidade nesta tempada, aplicarase ademais un desconto do 10 % nos cursos de natación infantil.
Toda a oferta de cursos e actividades da nova tempada, tanto da Piscina Climatizada como do Ximnasio, así como os seus correspondentes horarios e prezos, pode consultarse nas táboas desta publicación.