Participamos na II xornada Escolar de “ALMORZOS SAUDABLES”. Nesta ocasión cos nenos e nenas do CEIP de Valeixe.

Unha xornada no que o Alcalde tamén quixo estar presente e compartir cos nenos esta experiencia.

Unha actividade que forma parte do programa da Unidade de «Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas 2024», activo dende xaneiro de 2023.

Os «Almorzos Saudables» teñen como obxectivo promover hábitos de vida saudables centrados nunha alimentación equilibrada, promovendo o consumo de froitas, cereais e lácteos e sensibilizar sobre a importancia dun almorzo completo como unha das comidas principais do día.

O Alcalde Luis Piña agradeceu a implicación da directora, profesorado do centro escolar e  ANPA de Valeixe, polo apoio incondicional e traballo realizado para o bo desenvolvemento da xornada.

A todos moitísimas grazas.