Os concellos da Cañiza e de Melón estrean o Camiño Medieval «ENTRE ABADÍAS»

  • Cunha andaina inaugural programada para o vindeiro sábado 1 de abril, na que participarán 200 camiñantes e que esgotou as reservas na primeira semana.
  • A partires das 16:30h poderase realizar por vez primeira o tramo guiado do camiño medieval entre A Cañiza e Melón, un trazado de 9,5 km que une os dous municipios.
  • O Alcalde da Cañiza Luís Piña destaca o grande éxito de afluencia e a inmediatez en inscribirse por parte das veciñas e veciños dos dous Concellos.

 

A xornada comezará ás catro da tarde coa entrega de credenciais aos participantes e inicio do roteiro que transcorre polo camiño sinalizado o pasado mes de xullo.

Pasarase pola Abadía de Oroso e diferentes núcleos de poboación ata a chegada a Fonte Santa e San Benito, xa en terras do Ribeiro. 

Está prevista a chegada ao Mosteiro de Melón ás 19:00h, momento en que o Alcalde desta localidade, Emilio Vidal, ofrecerá un refrixerio aos camiñantes na zona do claustro.

Ás 20:30h realizarase un oficio relixioso de bendición a camiñantes e entrega por parte de ambos alcaldes aos sacerdotes de Melón e da Franqueira dunha peza de artesanía orixinal e relacionada con este roteiro medieval.

O retorno dos participantes ata o punto de inicio realizarase en autobús desde as portas do Mosteiro.

 

CAMIÑO MEDIEVAL «ENTRE ABADÍAS»

Os Alcaldes da Cañiza, Luis Piña, e de Melón, Emilio Díaz, asinaron o pasado 11 de xullo de 2022 un Convenio Intermunicipal entre os Concellos para relanzar este sendeiro, sumido ata o de agora no esquecemento, con máis de 800 anos de historia e que comunica o interior de Galicia, conectando o Mosteiro de Melón (Ourense) co Santuario da Franqueira (Pontevedra).

Esta sinatura desenvolveuse nun acto público institucional, na Capela de San Benito, na Fonte Santa, no Concello de Melón e tivo por obxecto enmarcar e coordinar a actuación de relanzamento turístico deste camiño histórico que atravesa os municipios da Cañiza e de Melón coa finalidade de potenciar o tecido económico e turístico dos dous concellos.

Despois de terse acondicionado o camiño e sinalizada axeitadamente a ruta, este primeiro de abril, se inaugura o tramo guiado entre A Cañiza e Melón de «Entre Abadías»,  un sendeiro medieval presente tamén en wikiloc que animamos a coñecer e a camiñar.

(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/entre-abadias-de-melon-a-franqueira-100689104)

 

Julio 2022, Acto de firma convenio S. Benito entre los alcaldes de Melón y A Cañiza