Onte clausuramos o programa de formación para a capacitación dixital de mulleres «Galegas Dixitais»

O Alcalde clausurou este mércores 13 de decembro os tres talleres formativos do programa "Galegas Dixitais" no que participaron 28 alumnas da Cañiza e da súa contorna.

Tres talleres gratuítos de formación en capacitación dixital para mulleres desempregadas residentes no rural.

Unha completa formación que se impartíu durante os meses de novembro e decembro.

Un total de 45h de formación por cada curso empezando polo de competencias dixitais básicas, competencias dixitais avanzadas e para rematar competencias dixitais para o emprendemento.

Ademáis do título oficial, as participantes conseguiron un ordenador portátil chromebook  de balde, para poñer en práctica todo o aprendido.

O programa está financiado pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovido pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación. A formación estivo impartida pola UTE Ara Negocios Sl – Beproject Consultoría De Forma.

O Alcalde Luis Piña felicitou á organización, equipo directivo e  cadro docente e sobre todo ás mulleres que participaron neste programa imprescindible tanto para o desenvolvemento laboral como o persoal, atendendo á implementación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos da sociedade actual.

Noraboa a todas as participantes.

 

Galegas Dixitais

«Galegas Dixitais» é un programa gratuíto para a dixitalización de mulleres preferentemente desempregadas ou que estén en situación de demanda de mellora de emprego, residentes en zonas rurais.

Un dos obxectivos deste programa era acadar a mellora das capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, o incremento do seu nivel de empregabilidade, o impulso do emprendemento e o desenvolvemento rural e por último a reducción da fenda de xénero.

Onte clausuramos o programa de formación para mulleres «Galegas Dixitais»