Onte clausuramos o curso de “Alfabetización informática nivel II”, impartido neste mes de outubro na Aula CeMIT da Casa de Cultura
Unha formación deseñada específicamente para persoas que xa contaban con coñecementos básicos sobre o uso do ordenador e navegación por internet. Veciñ@s xa familiarizad@s co ordenador pero que precisaban de consolidar e mellorar as súas habilidades.
Onte o Alcalde Luis Piña clausurou o curso e entregou os diplomas acreditativos de ter superada esta formación que comezou o pasado 9 de outubro e que se impartiu os luns, mércores e venres en horario de 10h a 13h no Aula CeMIT da casa de Cultura.
Noraboa a tod@s @s alumn@s.