Onte A Cañiza vestiuse de gala para celebrar a procesión na honra do Santísimo Cristo da Agonía e da Nosa Señora A Virxe dos Dolores

Esta mañá, o Alcalde agradeceu a acollida e participación dos cañicenses e dos visitantes nesta celebración tan entrañable e inmemorial.

Un agradecemento extensivo tamén á Parroquia de Santa Teresa da Cañiza e ao seu Cura Párroco, Don Miguel Ángel Castro Quinteiro, pola invitación cursada a esta Alcaldía e á Corporación Municipal para asistir aos actos litúrxicos.

Luis Piña felicitou e agradeceu tamén moi especialmente á Asociación Cultural Santo Cristo da Agonía da Cañiza pola súa inestimable participación nos Actos Procesionais  e á Banda de Música da Brilat Galicia VII de Pontevedra. Felicitacións tamén a todos os membros da Coral Polifónica da Cañiza que participaron na Misa Solemne.

Grazas tamén a todos os empregados do Concello e á Comisión de Festas do Santísimo Cristo da Agonía polo traballo desenvolvido nestes días festivos.

Aquí deixamos imaxes da Procesión deste 2023.