O xamón da Cañiza estivo presente durante esta fin de semana en FESTUR, na 10ª edición da Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia
Celebrada en Silleda do 30 de maio ao 2 de xuño no marco da 46º Feira Internacional Semana Verde de Galicia
Durante os catro días de celebración do certame, centos de persoas achegáronse ata a stand da Cañiza para coñecer máis polo miudo a nosa Feira máis coñecida e saborear o mellor produto da gastronomía cañicense, o xamón. Así o corroboraron os visitantes que nos acompañaron durante todas as xornadas e que non dubidaron en eloxiar a exquisitez e o especial sabor do xamón da Cañiza.
Tamén neste certame o Concello aproveitou para dar a coñecer o turismo, todas as guías de sendeiros e a boa gastronomía que completa a oferta turística cañicense. Ademais presentamos o noso “Verán de Lecer”, a completa guía con toda a programación cultural e deportiva preparada para este verán e que se inaugurou o sábado 1 de xuño coa celebración do Campionato Galego de Aeromodelismo na modalidade F3F 2024.
O Alcalde Luis Piña presentou un ano máis a única Feira gastronómica de Galicia que se dedica ao xamón.
Neste acto o Concello ofreceu unha degustación de xamón e o Alcalde invitou a todos o presentes a achegarse ata a Cañiza o vindeiro 15 de agosto para asistir á celebración da 58 Feira do Xamón e tamén na temporada de frío a probar os afamados cocidos cañicenses.
Ademáis, Luis Piña aproveitou esta xornada para visitar aos empresarios e profesionais da Cañiza que estiveron presentes na Feira Internacional da Semana Verde, promocionando as súas actividades.