O vindeiro 2 de maio ponse en marcha o novo servizo de oficinas móviles da policía nacional para o rural

DNI e pasaporte expedidos en 10 minutos a través das furgonetas integrales de documentación (VIDOC)

Esta mañá o Alcalde adiantou que o vindeiro mes de maio impleméntase na Cañiza este novo servizo da Policía Nacional, como xa anunciara Luis Piña na reunión mantida o pasado mes de marzo coa Inspectora Xefa da Secretaría Xeral da Comisaría de Vigo-Redondela, dona Esther Arén Vidal.

Está previsto que o día 2 de maio sexan atendidos os primeiros 25 cidadáns que necesiten renovar ou expedir o DNI e tamén o Pasaporte. Un servizo que se ofrecerá en aproximadamente 15 minutos, acortando  unha xestión que ata o de agora precisaba de dous días.

 Seguindo o mesmo procedemento, os veciños terán que anotarse nas oficinas xerais para solicitar ser atendidos, podendo facelo telefónicamente. Dende o Concello se lles informará do día e hora asignado, dependendo da lista de espera existente.

Este primeiro servizo do 2 de maio comezará ás 9:30h da mañá.

Segundo o calendario que presentou hoxe o Alcalde, o novo servizo da Policía Nacional para a renovación de documentos no rural, será prestado dúas veces ao mes, na 1ª e 3ª semana de cada mes, sen interrupcións nos meses de verán, agás no mes de decembro en que nos visitarán soamente o día 1.

Calendario facilitado polo equipo móvil VIDOC do DNI e pasaportes para 2025:

Atenderán a 25 persoas cada día:

  • 2 de maio
  • 20 de maio
  • 2 de xuño
  • 19 de xuño
  • 1 de xullo
  • 18 de xullo
  • 1 de agosto
  • 20 de agosto
  • 1 de setembro
  • 17 de setembro
  • 2 de outubro
  • 17 de outubro
  • 3 de novembro
  • 19 de novembro
  • 1 de decembro

 

Cómo funciona?

O servizo móbil de documentos da Policía Nacional incorpora importantes melloras na renovación e expedición dos DNI e tamén do pasaporte en apenas 10 minutos, polo que os nosos veciños non necesitarán pasar polos trámites habituais: un día para a pegada e un día para a entrega.

A segunda novidade é a posibilidade de expedir tamén pasaportes, ata o de agora limitados a comisarías, polo que as Vidoc facilitarán e igualarán en posibilidades aos núcleos poboacionais que non dispoñen de infraestruturas de Policía Nacional.