
Unha marcha automovilística que discurre por estradas e pistas dos territorios do Condado e a A Paradanta e que comeza na Cañiza a partires das 16.30h, no aparcamento da Área de Servizo Quintáns, emprazamento onde se exhibirán os vehículos participantes.
O Rallie arranca ás 17.30h coa saída do primeiro vehículo que circulará polas estradas provinciais e pistas municipais da Cañiza.
Segundo informaron dende a organización, está previsto que o Rallie dure 2 horas.
O Concello informa á veciñanza desta proba xa que a circulación viaria estará totalmente aberta ao tráfico. Con todo os vehículos participantes non poden circular a máis de 50 km/hora.
Se queredes ampliar información sobre esta nova edición, consultade neste enlace: https://www.rallyesurdocondado.org/
