Ás 20:30h e se o tempo acompaña, servirase tamén unha «chocolatada cañicense» para celebrar o inicio das festas navideñas.
O encargado de iluminar as nosas rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez, empresa líder en iluminación decorativa e artística en España con máis de 75 anos de experiencia levando luz e ilusión ás rúas. Empresa que neste 2024 volveu a resultar adxudicataria, por catro anos máis, no procedemento de contratación do servizo.
Despois do acendido do alumeado que terá lugar ás 8 e media da tarde e se o tempo o permite, o Concello servirá na Praza Maior unha «chocolatada cañicense» coa que se inaugurarán as festas navideñas.
As luces estarán encendidas ata despois de Reis.
Nos vindeiros días o Concello difundirá tamén a Programación de Nadal.
O Alcalde Luis Piña informou esta mañá que “este ano o acendido de Nadal retrasarase unha semana por motivos relacionados coa licitación dun novo proceso administrativo de contratación da empresa de iluminación ( procedemento con numerosos trámites e prazos). Neste 2024 rematou a vixencia do contrato deste servizo, do que era adxudicatario dende o 01 de decembro de 2020 “Iluminaciones Ximénez”.
A esta circunstancia engadíronse os cambios de destino producidos a finais de novembro nos habilitados nacionais, necesarios para tramitar estos contratos. Ademáis engadiuse outro factor: o volume de traballo que nestes días, antesala do Nadal, teñen as empresas adicadas ao montaxe de iluminación”
Nesta semana comezaremos a montar a iluminación das nosas rúas.
Estades todos convidados á conta atrás do acendido de Nadal e tamén á chocolatada cañicense.