O Pleno do Concello celebrado este luns 5 de maio, en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”

 

  • Unha actuación estructurada en 4 fases constructivas.
  • Este proxecto correspóndese coa primeira fase dun plan integral de saneamento para A Cañiza que precisará dun investimento total de case 8 millóns de €uros.
  • Esta primeira fase conta cun investimento de 1.307.910,32€, subvencionados pola Confederación Hidrográfica Miño Sil que será a encargada de executar as obras, e que se desenvolverán tras a sinatura o pasado 23 de marzo de 2023 dun convenio de colaboración entre o Presidente da Confederación, José Antonio Quiroga e o Alcalde da Cañiza.
  • O proxecto redactouse  tras rematar, por parte do Organismo e a petición do Concello, un estudio en profundidade dos problemas que viña arrastrando A Cañiza nos últimos 25 anos, en materia de depuración, colectores e saneamento. Un informe encargado á mercantil Anteagroup que precisou de 24 meses para auditar e examinar os problemas de depuración e saneamento na Cañiza.
  • O informe final desta enxeñería profundizou nas debilidades e tamén nas alternativas reais necesarias para optimizar os actuais sistemas de depuración que necesitará de 4 FASES constructivas.
  • Esta FASE 1  permitirá executar as obras de mellora da rede de saneamento no casco urbano, nos tramos de colectores máis deteriorados e colapsados e reformar as depuradoras más deficitarias do municipio, empezando pola estación depuradora de Valeixe que segundo revelaron os estudos previos solicitados pola Confederación presenta graves deficiencias estructurais.
  • O proxecto tamén contempla a reforma do tramo final de colectores, que desemboca na EDAR urbana. Un total de 919 metros de rede de saneamento dende a zona do Regueiro, augas abaixo, ata a depuradora urbana.

 

Na sesión extraordinaria celebrada este luns 5 de maio, a Corporación votou por unanimidade a aprobación do proxecto constructivo para “a mellora do saneamento e a Edar do casco urbano e aglomeracións limítrofes da Cañiza” por parte de CHMiño Sil.

Unha obra cun orzamento total de licitación de 1.307.910,32€, dos que 908.334,13€ corresponden á execución material, 118.083,44€ ao 13% de gastos xerais e 54.500,05 ao 6% de beneficio industrial. Uns importes aos que engádense outros 226.992,70€ correspondentes ao 21% de Ive.  

Esta cantidade súmase tamén aos 80.488,32€ correspondentes ao estudo e análises da situación actual do saneamento e depuración.

O proxecto financiarase con cargo aos orzamentos de gastos da CHMiñoSil e do Concello da Cañiza para os anos 2025 e 2026 e suporá unha aportación por parte da Confederación do 80% do total, tendo o Concello que susfragar o 20% restante.

Este proxecto correspóndese coa primeira fase dun plan integral de saneamento para A Cañiza que precisará dun investimento total de case 8 millóns de €uros. Trátase dun gran avance medioambiental para A Cañiza, grazas ao apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico do Goberno de España.

Segundo manifestou o Alcalde esta mañá “esta actuación poderá desenvolverse grazas ao Convenio asinado coa Confederación, tras as numerosas reunións mantidas dende o ano 2019 co Presidente José Antonio Quiroga, poñendo enriba da mesa a grave problemática que ven arrastrando o Concello en materia de saneamento, depuradoras e colectores municipais”. “unha obra que terá unha gran repercusión para A Cañiza.  Ademais é a primeira vez que CHMIÑOSIL coopera co Concello para tratar de dar solucións aos verdadeiros problemas que afectan aos sistemas de depuración actuais e que provocan os incumprimentos en materia de vertidos e polo tanto a imposición de continuas multas por cada expediente sancionador aberto”.

“Conseguimos que dende a Confederación se solidaricen coa situación de indefensión en materia de vertidos na que actualmente se atopa o Concello, sendo imposible depurar as augas residuais cumprindo as condicións das respectivas autorizacións para poder verter nos ríos as augas depuradas”, comentou o Alcalde.

 

O Plan Integral de Saneamento para A Cañiza contempla 4 FASES

O proxecto aprobado polo Pleno correspóndese coa FASE 1  por un importe de 1.307.910,32€

 

FASE I

  • Nesta primeira fase renovaranse 919 metros de tubaxe. Unha parte na zona do centro na Rúa Antonio Facorro e Rúa Sifón, onde a tubaxe está en moi mal estado (un dos pozos desta zona chégalle unha gran cantidade de auga que procede do regato que pasa por baixo do núcleo da Cañiza ou de canles de rega).
  • Outra das renovacións consiste en quitar do regato que pasa polo casco urbano, a tubaxe que baixa xusto polo leito leste.
  • Nesta Fase inclúese tamén o proxecto dunha nova EDAR en Valeixe para unha poboación futura (ano 2047) de 800 h-e, cun tratamento biolóxico por medio dun Leito Bacteriano. A superficie necesaria será de aproximadamente 600 m2.

 

FASE II

  • Consistirá na renovación da EDAR de Achas cunha depuradora de Leitos bacteriano para 500 h-e (Ano horizonte 2047) e a actualización de 4.153 metros de tubaxe da rede principal que leva a auga residual cara á EDAR de Achas. A superficie necesaria será duns 400 m2 aproximadamente. A parcela onde se sitúa a actual EDAR ten espazo suficiente para realizar a ampliación da mesma.

 

FASE III

  • Implica a renovación de 1.769 metros de tubaxe. Estas tubaxes presentan infiltracións importantes cara á rede de saneamento e da rede de saneamento ao regato que pasa polo núcleo urbano.

 

FASE IV

  • Na que se renovarán 983 metros de tubaxe, na zona do mercado, que presenta unha pendente moi pequena, producindo atascos continuamente. A rede de saneamento que vai polo vial que leva cara a Achas presenta un alivio no caso de que a rede leve moita auga, este alivio prodúcese na estrada. Tamén se mellorará o saneamento na zona do Parque da Carballeira do Cacharado que presenta infiltracións e unha rede moi deteriorada.

 

O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”
O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”

 

O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”

 

O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”

 

 

O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”

 

O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”

 

O Pleno do Concello celebrado este luns, 5 de maio en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade o proxecto da obra de “mellora do saneamento e da edar do casco urbano”