O Pleno do Concello aprobou hoxe a actualización das Ordenanzas Fiscais dos Impostos do IBI, IAE e VEHÍCULOS e das Taxas do LIXO, AUGA e SANEAMENTO
- A devolución ao Ministerio de Hacienda de máis de 2.7 millóns de euros (de pago obrigatorio das facturas a proveedores) e o alto déficit dos servizos municipais (lixo, auga e saneamento) son os «DOUS MARCADORES» que obrigan á actualización da fiscalidade.
- Os costes destes 3 servizos básicos suman unha perda anual de 368.568,25 € e a devolución a Hacienda actualmente deixa ao Concello sen 46.000,00€/mes. Unha cifra que se está intentando rebaixar a 23.000,00€/mes. Pero esta decisión ten que acordala o Ministerio de Hacienda e pode variar entre 276.000,00€/ano ou no peor dos casos 552.000€/ano.
- Ademáis os costes da alta masa salarial do Concello, a subida dos costes enerxéticos e das materias primas obrigan a ter que actualizar as ordenanzas, conxeladas dende hai décadas e no caso dos vehículos sen actualizar dende 2004.
- Unha situación que o Alcalde resumiu no Pleno desta mañá abordando a complicada posición na que nos deixa o non ter cumprido coas obrigas de pago a proveedores nos tempos que marca a lei e consiguiente débeda con Hacienda e os elevados costes de 3 servizos básicos (auga, saneamento e recollida de lixo) xunto cos ingresos de cada un. As cifras revelan uns gastos de 712.758,37€, uns ingresos actuáis de 344.190,12€ e un déficit de -368.568,25€.
- Para poder reconducir esta situación o Concello está preparando un Plan de Axuste e Saneamento Financeiro para solicitar ante o Ministerio de Hacienda a rebaixa da devolución dos 2.7 millóns de euros e por outro lado esta mañá, no pleno celebrado ás 13h, acordouse adoptar a actualización da fiscalidade municipal. Unha actualización que supón unha subida media, no caso dos impostos de entre un 10 e 15% e nas taxas dos servizos dun 20% e 25% anual.
- Ademáis acometeránse outras medidas que pasan polo recorte do gasto dos servizos ordinarios. Tamén, no capítulo VI de inversións e obras o Concello irá a “aportación cero” e recorte da plantilla de persoal que afecta ao Capítulo I do Orzamento, tentando a medio prazo (3 -4 anos) non reemplazar as prazas de xubilación.
- En palabras do Alcalde “estamos ante un exercicio de responsabilidade da Gobernanza que tenta ser comedida pero que esixe medidas e un gran esforzo e apoio colectivo”.
O Pleno desta mañá acordou a actualización de 3 impostos e 3 taxas de servizos públicos, marcada pola actual situación económica do Concello que arrastra unha débeda (antes ante os proveedores e agora co Ministerio de Hacienda) que todos os cañicenses temos que pagar ata devolver os 2.769.008,52€ en facturas a proveedores que quedaron sen pagar en anos e mandatos anteriores e que houbo que declarar en 2022 e 2023 a través de sendos Mecanismos de Pagos a Proveedores tramitados ante o Ministerio de Hacienda.
Unha débeda que mensualmente hai que devolver en forma de retención a conta da participación do Concello nos Tributos do Estado. Esta devolución a día de hoxe é de 46.000,€/mes (552.000,00€/ano), pero que se está tentando rebaixar, elaborando un Plan de Axuste e Saneamento financeiro para minorar esta devolución a 23.000,00€/mes (276.000,00€/ano), ampliando o prazo de devolución.
Sumando o déficit dos principais servizos municipais ( -368.568,25€.) e a devolución a Facenda ( -276.000,00, sempre que Hacienda o autorice), só estes dous marcadores supoñen unha carga anual para o Concello de -644.568,25.
Unha situación que sumada á carestía da enerxía e a suba dos prezos do mercado, xunto coas subidas salariais do persoal municipal, obriga a ter de actualizar a fiscalidade municipal.
Unha «Medida Comedida» que non é suficiente para poder equilibrar os gastos e os ingresos da prestación dos servizos, xa que a subida repercutida podería NON CHEGAR siquera para cubrir a devolución ao Ministerio de Hacienda.
Actualización dos Impostos do IBI, IAE e VEHÍCULOS
-
Este 3 de novembro o Pleno acordou a actualización do imposto do IBI (que afecta a todos os veciños que teñen vivendas, bens e propiedades inmobles) que sube en Urbana un 15% e en rústica un 10%. Ademáis sube un 20% para os valores máis elevados en urbana en canto á súa clasificación ( industrias, áreas comerciais, etc).
- O imposto do IAE (de actividades económicas) increméntase en torno a un 10% en todo o conxunto.
- E o imposto de vehículos (de rodaxe), paralizado dende hai case 20 anos, actualízase tomando como referencia as tarifas do Concello de Ponteareas do ano 2018.
Actualización das Taxas dos Servizos de SANEAMENTO, LIXO e AUGA.
O Alcalde explicou esta mañá que o Concello subirá as taxas destes 3 servizos.
- Na taxa do Servizo Municipal de Saneamento, cuns costes de 253.218,64€, uns ingresos de 55.678,55€ e un déficit de -197.540,09€, a SUBIDA será dun 20% no casco urbano. Ademáis se incorporarán as vivendas no rural que teñen o servizo pero que nunca pagaron polo mesmo e polo tanto é de aplicación a Lei que obriga a pagar pola súa prestación.
- No caso do Servizo Municipal de Recollida de lixo, cuns costes de 305.252,28 €, uns ingresos de 173.716,58€ e un déficit de -131.535,70€, SUBIRÁ no casco urbano 1,00€/mes e nas parroquias 1,50€/mes. Ademáis aqueles veciños que soliciten a recollida de voluminosos terán que abonar unha taxa de 10€/recollida. Este servizo continuará sendo gratuito se o residuo se leva directamente ao punto limpo.
- A taxa do Servizo Municipal de Auga cuns costes de 154.287,45€, uns ingresos de 114.794,99€ e un déficit de -39.492.46€, SUBIRÁ tamén un 20%, pasando dunha cuota fixa de 6€ a 7,20€.
Con esta actualización a estimación de recaudación é de 116.402,64 €uros máis que sumados aos 344.190,12 de ingresos, ofrece unha suma de 460.592,76€ para estes 3 servizos. Con todo, os costes de prestación superan os 712.758,37 €, polo que o saldo continúa sendo negativo en -252.165,61€.