O Pleno deste 25 de marzo aprobou un convenio co Concello de Covelo para a posta en marcha do Programa de Igualdade «CLARA»

Así o comunicou o Alcalde Luis Piña despois de que no Pleno Extraordinario celebrado onte ás 14.30h se aprobara por unanimidade a proposta.

O Convenio ten por obxectivo fixar as liñas de colaboración para solicitar conxuntamente entre A Cañiza e Covelo a subvención da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta para a Promoción da Igualdade (código de procedemento SI435A ), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021–2027.

No caso de recibirse a Subvención, a axuda estaría destinada a favorecer a inserción social e laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de especial vulnerabilidade, empadroadas nos Concellos da Cañiza e de Covelo.

A aprobación da subvención porá en marcha o programa «CLARA», na honra de Clara Campoamor (1888-1972), abogada, escritora, política e defensora dos dereitos da muller española.

Luis Piña tamén avanzou que “o orzamento do programa CLARA para o ano 2024 é de 14.928€ e no caso de que nos concedan a subvención, os  compromisos de financiamento en relación ós gastos non subvencionables serán asumidos polos dous Concellos atendendo á poboación de cada un:  para A Cañiza estaría fixada nun 52,34%  e para Covelo nun 47,66%” .

Ademáis o Programa estaría xestionado por unha empresa especializada baixo o control dos dous concellos.

 

Programa  «CLARA» de Igualdade

  •  O programa baséase en accións de empoderamento, de atención, orientación e acompañamento de calidade para a mellora da situación persoal, social e laboral das mulleres e das persoas que dependan delas, incluíndo as súas fillas e fillos.
  • O núcleo de «CLARA» está formado por ASESORAMENTO XURÍDICO e PSICOLÓXICO proporcionado por expertas en dereito e en psicoloxía con perspectiva de xénero. Estas actividades realizaranse a demanda de forma presencial e en liña totalmente privada.
  • Realizarase un labor de sensibilización e formación en materia de igualdade, historia das mulleres e do feminismo, debido a que non se pode reivindicar o que non se coñece. Ésta é  unha actividade fundamental para o empoderamento das mulleres e nenas.
  • En materia de coidados e autocuidado teremos talleres de formación e de minfuless para traballar a concentración, aprender a controlar o estrés, o duelo, a enfermidade, etc.
  • Nos colexios de secundaria e bacharelato desenvolverase un taller innovador de "Ciberdelitos de natureza sexual", que xa foi probado con éxito en IES de distintas partes de Galicia  e que se reforzará cunha guía sobre sexting, grooming, stalking...
  • Analizarase a economía, nichos de emprego e movementos sociais nos dous Concellos, co fin de realizar  ITINERARIOS PROFESIONAIS adaptados á contorna no que se desenvolven as mulleres participantes, as cales realizarán o seu CV baseándose en competencias e habilidades .
  • Visitaremos conxuntamente coas mulleres de Covelo empresas da zona e da Plisan para que aprendan a comunicarse e aumente a súa autoestima

 

Rematado o Pleno o Alcalde Luis Piña comentou que “os dous Concellos realizarán reunións periódicas de información e coordinación para optimizar ao máximo o rendemento do programa”.