O Pleno deste 17 de febreiro acordará a aprobación do 1º convenio que o Concello da Cañiza asina coa Confederación Hidrográfica Miño Sil por un importe de 1.450.000,00
- Un Convenio de colaboración que é froito das numerosas reunións que o Alcalde Luis Piña mantivo co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga, poñendo enriba da mesa a grave problemática que ven arrastrando o Concello en materia de saneamento, depuradoras e colectores municipais.
- A sinatura do Convenio ven a formalizar e dar un marco legal aos traballos que dende abril de 2022 ven desenvolvendo a Confederación na Cañiza a través da empresa coruñera Anteagroup, mercantil encargada de redactar o estudio de alternativas de saneamento e depuración no Concello despois de ter estudiado íntegramente a problemática das Edar Urbana, Industrial, de Valeixe, Luneda e Achas.
- O Convenio que se aprobará este venres, contempla o investimento necesario para o estudio e a realización das obras de reforma das depuradoras máis deficitarias de 1.450.000,00.
- Inversión que se financiará con cargo aos orzamentos de gastos da CHMiñoSil e do Concello da Cañiza para os anos 2023, 2024 e 2025 e que suporá unha aportación por parte da Confederación de 1.160.000,00€, un 80% do total e de 290.000,00€ do Concello, o 20% restante.
- O importe está distribuido en 116.562,00€ para a redacción do estudo de alternativas e redacción de proxectos. 1.180.398,18€ para contratar as obras de mellora das instalacións de depuración. 118.039,82€ de crédito a reter para a liquidación do contrato de obras e por último 35.000,00€ de asistencia técnica para a dirección das obras.
O ALCALDE LUIS PIÑA CONSEGUE QUE POR 1ª VEZ A CHMIÑO SIL COLABORE CO CONCELLO PARA DAR SOLUCIÓN Á VERDADEIRA PROBLEMÁTICA DAS DEPURADORAS E COLECTORES MUNICIPAIS
Despois das numerosas reunións de traballo desenvolvidas dende finais de 2019, o Presidente da CHMSIL, José Antonio Quiroga, reuniuse co Alcalde en maio de 2022 para explicarlle polo miudo os traballos que está a desenvolver o organismo no Concello da Cañiza.
Un estudo en profundidade das alternativas reais capaces de optimizar os actuais sistemas de depuración e a redacción dos proxectos que se deriven destes análisis.
Este traballo foi adxudicado pola CHMiñoSIL en abril de 2022 á empresa coruñesa Anteagroup por un importe de licitación de 116.562,00€ . A mercantil leva xa 11 meses estudando íntegramente a problemática das Edar Urbana, Industrial, de Valeixe, Luneda e Achas. Ao remate do estudio plantexará as alternativas de saneamento e depuración e se determinará qué depuradoras precisan de ser reformadas para redactar os proxectos. As obras de reforma que resulten están incluidas neste Convenio de 1.450.000,00€.
Como xa manifestou o Alcalde noutras intervencións “ esta colaboración ten un impacto enorme para A Cañiza. É a primeira vez que CHMIÑOSIL coopera co Concello para tratar de dar solucións aos verdadeiros problemas que afectan aos sistemas de depuración actuais e que provocan os incumprimentos en materia de verquidos e polo tanto a imposición de continuas multas superiores aos 30.000€ por cada expediente sancionador aberto”.
“Conseguimos que dende a Confederación se solidaricen coa situación de indefensión en materia de verquidos na que actualmente se atopa o Concello, sendo imposible depurar as augas residuais nos términos que nos obrigan as respectivas autorizacións para poder verter nos ríos as augas depuradas”.
“O Concello da Cañiza ven sostendo esta situación de desamparo dende hai máis de 14 anos, por iso esta colaboración é a mellor noticia en materia de medioambiente dos últimos anos”.
“ESTE É UN GRAN PASO E UN GRAN AVANCE EN MATERIA DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN”.