- Unha das partidas máis importantes deste orzamento é a do Capítulo 1 de gastos de persoal que sube un 2% con respecto ao ano 2023, pasando de 2.189.721,59 € a 2.255.101,80€ .
- O capítulo 2 que recolle os gastos derivados do funcionamento dos servizos prestados polo Concello manténse neste 2024, pero no 2025 dispáranse pola subida desproporcionada de costes como o da recollida de lixo e máis concretamente do prezo da tonelada de lixo aplicada por Sogama que sube de 56€ a 108€ máis ive. No 2024 a cantidade destinada ao mantemento destes servizos é de 1.709.212,71€.
- Neste capítulo están incluidos os gastos de servizos sociais que ascenden neste 2024 a 797.390,25€, dos cales máis da metade están destinados ao SAF (Servizo de Axuda do Fogar) con 404.159,90€. Un servizo que é competencia da Xunta de Galicia e que soamente aporta un total de 216.864,00€, tendo que asumir a Deputación 23.382,86 e o Concello 163.913,04€ de recursos propios.
- Ademáis, neste 2024 o Capítulo 6 de Investimentos volveu a destacar polo alto importe destinado a obras e actuacións, subvencionadas case ao 100% polas distintas administracións. Nesta liña o Alcalde afirmou que “é complicado realizar un orzamento a comezos de ano porque o Concello da Cañiza depende en máis dun 90% das subvencións doutras administracións, polo que temos que agardar á publicación no DOGA e no BOE das mesmas”.
- O Alcalde manifestou esta mañá que “os Orzamentos de 2024 siguen condicionados polo Plan de Saneamento Financeiro que anualmente temos que presentar ante o Ministerio de Hacienda, debido á retención do 25% nos ingresos desta Casa a conta da Participación de Tributos do Estado, unha das maiores fontes de financiación do Concello”.
- Esta retención privou ao Concello de 542.860,21 € desde xullo de 2023 a setembro de 2024, quedando todavía pendente de pago 2.226.148,87€. Unha cantidade, en torno a 26.158,00€/mes que teremos que devolver durante 7 anos máis , correspondentes aos 2 Mecanismos de Pago a Proveedores abertos a esta municipalidade pola Axencia Tributaria, por non ter satisfeito as obrigas de pago de facturas aos nosos proveedores. Unha débeda acumulada nos mandatos anteriores a xuño de 2019.
O pasado xoves 14 de novembro o Pleno do Concello da Cañiza celebrou a Sesión Extraordinaria de aprobación inicial do Orzamento de 2024 . Un orzamento de 5.966.386,89€ aprobado con 6 votos a favor do Equipo de Goberno e 3 votos en contra do Grupo da Oposición.
O Capítulo de Investimentos deste 2024, consignado en 1.611.934,24€, duplicou a cantidade orzamentaria de 2023 (844.692,66€), destinada a melloras das infraestruturas e servizos públicos locais. Importe que ademáis está subvencionado nun 95,35% por outras administracións. A porcentaxe que asume o concello, con cargo aos recursos propios, apenas chega ao 4,65%: un total de 75.002,27€.
A aportación da Deputación Provincial para actuacións no Concello neste exercizo superou a de todas as anualidades pasadas, con 1.043.213,12€, dos que soamente 630.918,55€ foron destinados as obras de rehabilitación do Campo de Fútbol de Augas Férreas, unha obra inaugurada a finais do mes de agosto que supuxo unha reforma casi integral desta instalación deportiva.
A Xunta de Galicia tamén financiou as obras deste Capítulo VI con 442.633,85€, destinados á mellora de eficiencia enerxética, xeotermia, saneamentos, instalación de caudalímetros na rede de abastecemento de auga do núcleo urbano e mellora de camiños entre outras actuacións.
Un capítulo de investimentos no que o Concello solo terá que aportar o 4,65% dos seus recursos propios para a parte proporcional da obra de instalación de paneis solares, rede de saneamento, abastecemento de augas entre outras obras. Tamén o Concello asume o pago da cuota 18º da compra dunha parcela no lugar da Igrexa-Oroso (a pagar en 25 anos un total de 13.957,96€ anuais) e a adquisición da Casa e terreos da Cámara Agraria da Irmandade, cun pago anual de 6.390,49€.
Unha operación económica que según declarou o Alcalde, Luis Piña, se logra a pesares da dura situación económica afrontada pola gobernanza.
A pesares destas circunstancias o Concello aproba uns orzamentos destinados a continuar mellorando e modernizando o equipamento municipal.
Obras incluidas no Capítulo VI de inversións do Exercizo Económico 2024
- Mellora de eficiencia enerxética no edificio do Multiusos con instalación de xeotermia. Unha actuación cun investimento de 148.040,16€, dos que 118.432,13 foron subvencionados pola Xunta de Galicia e 29.608,03 con recursos propios.
- Mellora da rede de saneamento e asfaltados no lugar de Gundián e O Carballal en Petán. Investimento 110.909,65€ subvencionado pola Xunta de Galicia con 79.600,43 € e pola Deputación Provincial con 31.309,22€.
- Mellora da rede de saneamento no núcleo urbano. Expropiación de terrenos no cauce do Regueiro que vai dende ata a Estación Depuradora da Cañiza para mellorar a canalización de saneamento. Investimento de 60.000,00€, cunha aportación do Concello de 3.618,51 € e subvencionada pola deputación Provincial con 56.381,49€. Unha obra desenvolvida pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil que terá que executarse en 2025 debido a alegacións de propietarios no procedemento de expropiación que a día de hoxe xa está solucionado.
- Obras de conexión do saneamento no parque empresarial da Uceira, para canalizar as augas de saneamento que discurrían polo regato do regueiro, solucionando un problema medioambiental que o Concello arrastraba dende anos. Unha pequena obra cun investimento total de 9.174,86€, dos que a Consellería de Industria da Xunta aportou 7.339,89€ e o Concello 1.834,97€.
- Mellora da rede de abastecemento de augas coa instalación de caudalímetros en distintos puntos da rede. Obra cun investimento de 40.435,99€, subvencionado por Augas de Galicia da Xunta con 32.348,79€ e con recursos do Concello de 8.087,20€.
- Miradoiro do Montouto. Investimento de 82.271,86€, subvencionado pola Deputación de Pontevedra con 81.662,26€ e con fondos do Concello de 609,60€. Esta obra pasa para o ano 2025 debido a un reaxuste da mesma.
- Construcción do Observatorio do Monte Lapido. Nesta anualidade acopiouse o material para continuar coa obra no 2025. O investimento é de 35.896,62. Subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia con 29.666,63€ e con recursos do Concello en 6.229,99€
- Pago da cuota da cámara agraria da Irmandade de Valeixe. Un total de 6.390,49€ asumidos ao 100% polo Concello.
- Rehabilitación da Ponte de Noceifas no Couto, cun investimento total de 27.829,46, subvencionada por Turismo da Xunta de Galicia ao 100%.
- Adquisición de terreos no Parque Heriberto Fuertes. Un total de 4.665,52€ que quedaron pendientes de pago ata resolverse alegacións.
- Obra de reforma enerxética do Campo de Fútbol das Augas Férreas, cun investimento de 630.918,55€, financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra a través de 2 plans: programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a rexecución da Axenda 2030 (PON2030) dotado con 479.948,21€ e “Plan +Provincia 2024” de 150.970,34€.
- Obras de dotación dun ximnasio dentro do pavillón polideportivo da Cañiza. Unha obra cun investimento de 77.081,55€, subvencionado ao 100% polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
- Dotación de cuberta na 2ª pista de padel da Cañiza. Unha obra cun investimento de 45.560,08€ subvencionada ao 100% pola Deputación Provincial
- Reforma integral das instalacións das pistas de tenis municipal. Unha actuación que arrancará esta semana cun investimento de 147.682,08€ subvencionada pola Deputación a través do Plan +Provincia con 96.597,08€ e por Rede Eléctrica Española con 51.085,00, sen aportación municipal.
- Mellora da eficiencia enerxética ( con xeotermia e nova iluminación) no pavillón de Valeixe financiada con 59.952,70€ ao 100% pola Xunta de Galicia.
- Mellora de camiños no medio rural nos Bueixos e nas Grades. Unha actuación cun investimento de 111.166,71€, financiada con 87.463,82€ pola Axencia Agader da Xunta de Galicia e con 23.702,89€ pola Deputación de Pontevedra.
- Pago da cuota nº 18 ( de 25) de adquisición de parcela en Igrexa- Oroso por importe de 13.957,96€