O Pleno da Cañiza aprobará mañá un protocolo de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello para a implantación do Parque Empresarial do Vieiro

  • Así o comunicou o Alcalde esta mañá “calificando este novo paso como unha aposta estratéxica real, moi importante para o territorio rural, que leva implícita a fixación poboacional nas comarcas da Paradanta, O Condado, O Ribeiro e o norte de Portugal, grazas a alta conectividade e a excelente localización xeográfica da Cañiza”.
  • Para Luis Piña éste é “Un proxecto ilusionante que suma non solo na nosa área de influencia territorial, senon que abarca a área metropolitana de Vigo ademáis de sumar na totalidade da Comunidade Autónoma”.
  • Para levar a cabo esta actuación, o Consorcio da Zona Franca promoverá ante a Xunta de Galicia a tramitación dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA).

 

Na Sesión extraordinaria que se celebrará mañá, o Pleno aprobará o Protocolo de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Cañiza para establecer as bases sobre as que asentar a colaboración das dúas institucións para a implantación e o desenvolvemento do parque empresarial do Vieiro nunha superficie aproximada de 955.311 m2.

Para levar a cabo esta actuación, o Consorcio da Zona Franca promoverá ante a Xunta de Galicia a tramitación dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), solicitando que este proxecto sexa declarado de interese autonómico. Pola súa parte, o Concello coadxuvará co CZFV ante o órgano competente da Xunta de Galicia aportando toda a documentación necesaria para acadar esta declaración.  

 

Interese municipal de crear solo industrial para frear a despoboación no rural

Este proxecto nace da necesidade e aspiración do Goberno da Cañiza de obter e crear solo industrial mediante o desenvolvemento urbanístico para permitir que as empresas poidan asentarse axeitadamente, crear riqueza, postos de traballo e asociado a todo isto, fixar poboación na nosa zona.

A este respecto o Alcalde sinalou esta mañá que “a necesidade de solo industrial é un dos freos ao crecemento económico”.

Neste eido leva traballando o Consorcio da Zona Franca dende o ano 1990, en que empeza promocionar solo e infraestruturas empresariais co fin de favorecer o desenvolvemenro do tecido empresarial, non soamente en Vigo, senón tamén na súa área de influencia.

 

Necesidade de crear o Parque Empresarial do Vieiro

Nos últimos tempos detectouse un incremento da demanda de solo empresarial no sur de Pontevedra. A carencia de solo dispoñible nesta área provocou a fuga de moitas empresas cara outras localizacións.

A ubicación do Concello da Cañiza, preto de Portugal e equidistante de Vigo e Ourense, atravesado pola autovía das Rías Baixas, converte ao noso municipio nun enclave privilexiado para un posible parque empresarial.  Neste sentido, o concello dispón dunha localización excelente ao pe da autovía A-52,  cunha orografía relativamente plana. Por outra banda, a clasificación do solo é, na maior parte do mesmo, urbanizable (non delimitado), seguido de rústico (de protección forestal e unha franxa, á carón da autovía das Rías Baixas, de protección de infraestruturas).

Segundo indicou o Alcalde “somos conscientes da importancia e interese socioeconómico que a implantación dun ámbito de desenvolvemento industrial supoñería para o territorio e tamén somos conscientes de que esta implantación superaría as posibilidades orzamentarias e de xestión do propio Concello, por iso o traballo e implicación que está desenvolvendo o Consorcio é fundamental para o éxito deste proxecto”.

 

O Pleno da Cañiza aprobará mañá un protocolo de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello para a implantación do Parque Empresarial do Vieiro