O Pleno aproba na súa 1ª Sesión anual o texto do convenio de colaboración co Balonmán Cañiza, polo que o Concello comprométese a continuar traballando co Club

Así o comunicou o Alcalde Luis Piña esta mañá, despois de terse celebrado o 1º Pleno Ordinario de 2025, no que se aprobou por unanimidade o texto deste 4º convenio que prorroga a colaboración suscrita por primeira vez con carácter oficial o 21 de abril de 2022 e que se resume na achega de 20.000 €uros para a anualidade 2025, a abonar en 12 cuotas de 1.666,67€ ao mes, os días 15 de cada mes.

O Convenio tamén recolle o dereito a utilizar e explotar o pavillón Carballo do Marco e a posibilidade de poder instalar establecementos nos festexos locais para obter beneficios, sempre destiñados a sufragar as tempadas deportivas, sen ter que aboar ningún tipo de taxa ao Concello.

Por outra banda, na claúsula terceira de obrigacións do Club, recóllese que serán por conta do CBC os gastos e actuacións derivadas do mantemento diario das instalacións, a apertura e peche do Pavillón da Cañiza nos días de partidos e adestramentos de equipos do clube e a limpeza das gradas.

 Ademáis, coa sinatura deste convenio o club comprométese a levar na denominación e equipaxe de todos os seus equipos o nome da localidade de “A Cañiza” e a imaxe corporativa do Concello, así como en todo o material publicitario e de difusión do club.

Tras esta aprobación o Alcalde volveu a manifestar a vontade do Concello de continuar traballando para ponderar o valor da participación, destacando ademáis  “o  poder do deporte para fomentar cambios positivos no desenvolvemento da nosa xuventude, superar barreiras e propiciar o traballo en equipo”.

Para o Alcalde “a renovación deste convenio aporta unha forte estabilidade económica ao CBC”, que lle permitirá continuar coa extraordinaria labor desenvolvida por toda esta gran familia deportiva.