O pasado 4 de xullo o Bispo da Diócese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, visitou A Cañiza invitado polo Alcalde Luis Piña

  • Nunha xuntanza no que tamén estiveron presentes os 5 Párrocos do noso municipio.
  • O Bispo tamén visitou a CASA DE ENCONTRO COA ARTE do pintor cañicense Diego De Giráldez

Este 4 de xullo o Bispo da Diócese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, visitou A Cañiza invitado polo Alcalde Luis Piña en agradecemento ao traballo desenvolvido durante todos os anos nos que estivo ao fronte da administración apostólica de Tui -Vigo (2010-2024). Enconmenda que deixará o vindeiro 20 de xullo, data na que tomará posesión da Diócese o novo Bispo Antonio José Valín Valdés, converténdose Quinteiro Fiuza en Bispo Emérito.

Nesta xuntanza estiveron presentes os 5 párrocos do noso Municipio, Miguel Ángel Castro Quinteiro (A Cañiza, Petán e Achas), José María Vázquez Piñeiro (Valeixe e Couto), Teodomiro González Ozores (Parada e Oroso), Javier Alonso Docampo (A Franqueira) e o Cura de Luneda,  Luis Manuel González Piñeiro.

Todos eles xunto cos Concelleiros do Equipo de Goberno e o artista Diego de Giráldez, acompañaron ao Bispo Luis Quinteiro nunha xornada entrañable na que o Alcalde lle amosou o Concello, o Salón Noble de Sesións Plenarias así como outras instalacións municipais.

O Alcalde convidou ao Bispo a deixar a súa pegada no Libro de Honra do Concello, escribindo para todos os cañicenses o texto que recolle o literal “A Cañiza é ante todos a Capital da Paradanta, o monte milenario dende e donde nós miramos ao mundo e albiscamos as luces do ceo...”.

“... A Cañiza non so é pasado, antes de todo é futuro. Dende aquí Galicia espera un pulo novo para as xentes deste entorno, tanto no eido espiritual como no moral e económico. Creo nun futuro novo destas terras...”.

“... É para min un grandísimo honor poder deixar aquí este anhelo e esperanza…”

Ao rematar, Luis Piña acompañou ao Bispo da Diócese a visitar a Casa de Encontro coa Arte do noso prestixioso artista Diego de Giráldez. Neste incomparable Museo de máis de mil metros lineais de coleccións pictóricas, escultóricas e anatómicas, Diego que ademáis é Fillo Predilecto da Cañiza, adentrou ao Bispo Quinteiro Fiuza e ao Alcalde nun percorrido por todas as plantas desta antiga edificación que preside a Plaza Maior da Cañiza e que acolle a maior parte da súa producción artística. Un extraordinario legado cultural que foi obxecto de eloxio.

O Alcalde agradeceu a deferencia do Bispo por ter aceptado a invitación á Cañiza. Un agradecemento extensivo a todos os nosos párrocos, a Diego de Giráldez e á Corporación Municipal, invitada a asistir.