O pasado 3 de decembro inauguramos as festas de Nadal co acendido do alumeado navideño e unha chocolatada na Praza Maior

FERMOSA, ELEGANTE, ÚNICA. A CAÑIZA

Na tarde noite do pasado 3 de decembro o Concello acendeu as súas luces de Nadal. Un alumeado fermoso, elegante e único, que resalta o encanto e beleza das nosas rúas, prazas, espazos, lugares senlleiros e parroquias, que agora lucen coa maxia do Nadal.

O Alcalde e os concelleiros do Equipo de Goberno  presentaron a conta atrás para o acendido que rematou cunha gran chocolatada con biscoitos.

DESEXOS DE FELICIDADE

Neste acto que veu a inaugurar o tempo de Nadal, Luis Piña fixo mención á importancia destas Festas para todos nós, especialmente para os máis pequenos que viven estas datas cunha ilusión desbordada e máxica. Tamén recordou ás persoas que xa non están con nós, facendo especial fincapé na Pandemia sufrida debido á enfermidade da COVID-19 e aos cañicenses na emigración aos que lle quixo trasladar o afecto e cariño das nosas xentes. Rematou a súa intervención enviando unha mensaxe de esperanza no NOVO ANO e desexando unhas felices festas para todas e todos.

ILUMINADOS POR "XIMENEZ"

Por outra banda, o Alcalde tamén  quixo resaltar a calidade estética deste alumeado que dende o ano 2019 luce nas nosas festas navideñas da man da empresa “ Iluminaciones Ximénez”, hoxe en día considerada como a mellor mercantil do País en deseño e decoración de Nadal e que é a concesionaria deste servizo. A instalación e mantemento da iluminación corre a cargo dunha empresa da Cañiza, igual que os pasados anos.

En total se colocaron 86 elementos navideños. 15 arcos nas parroquias, 47 arcos no casco urbano, adornos en 19 árbores, instalación dun grande árbol de Nadal na Praza Maior acompañado de dúas figuras decorativas e cortinillas no lavadoiro do Regueiro e na Casa Consistorial.

O Alcalde Luis Piña destacou o importante esforzo desenvolvido polo Concello para poder manter este servizo e incluso reforzalo coa instalación de 4 arcos máis, 2 árbores e 1 figura navideña que axudarán a que a maxia do Nadal nos acompañe durante estas festas tan especiais e entrañables.

AFORRO ENERXÉTICO

Ademáis, con motivo da crise enerxética que estamos sufrindo coa alza dos prezos da electricidade, como medida de aforro, o Concello adoptou a decisión de recortar o acendido do alumeado. Un total de 18 horas semanais menos  no casco urbano. As luces apagaranse de domingo a xoves ás 23.00h ( antes ás 24.00h), mantendose acendido ata as 02:00h os venres e sábados. Tamén queda eliminado o horario matinal de 6.00h a 8.00h da mañá durante todos os días.  Solo quedará acendido toda a noite do 24 de decembro ao 25, do 31 de decembro ao 1 de xaneiro e do 5 de xaneiro ao 6.