O delegado do Goberno en Galicia visitou hoxe A Cañiza para supervisar as actuacións de impulso estatal
- O delegado lembrou que a aposta polo municipalismo se traduce en feitos como o aumento nun 22,6% por parte do Goberno do financiamento ás entidades locais o próximo ano.
- “Fronte este compromiso, outras administracións permanecen instaladas no inmobilismo e levan anos conxelando o apoio económico aos concellos”, indicou o delegado do Goberno
- O Goberno financia con máis de 2,4 millóns de euros a renovación integral da iluminación da Cañiza e achegará o servizo de internet de alta velocidade á totalidade do Concello dentro do Programa UNICO-Banda Ancha.
- Nesta visita o Alcalde agradeceu ao Delegado o incomparable apoio que o Goberno de España está prestando a A Cañiza.
- Ademáis, nun acto celebrado no Salón de Plenos, Luis Piña invitou ao Delegado a asinar no Libro de Honra e agasallou a Pedro Blanco cunha auténtica “cala” de probar xamóns, como obsequio institucional senlleiro que se entrega por vez primeira.
O delegado do Goberno, Pedro Blanco, destacou o compromiso municipalista do Goberno, coa aposta sen precedentes pola transformación dos pequenos concellos do rural, que se exemplifica nos máis de 10 millóns de euros de investimento na mellora de servizos e infraestruturas na Cañiza. “Son investimentos que amosan o traballo infatigable do Goberno de España cos concellos para mellorar as condicións de vida dos seus habitantes, independentemente de se viven nunha gran cidade ou nun municipio máis pequeno”, destacou.
Aumento nun 22,6% por parte do Goberno do financiamento ás entidades locais para o 2024
Neste liña, o delegado lembrou que o compromiso cos pequenos concellos se traduce en feitos como o aumento nun 22,6% por parte do Goberno do financiamento ás entidades locais para o vindeiro ano, unha decisión “de xustiza para coas administracións máis próximas á veciñanza, que poderán, así, prestar máis e mellores servizos públicos”.
Renovación do Alumeado Público cunha inversión de 2,4 millóns de €uros.
No transcurso da visita, o delegado supervisou xunto co alcalde da Cañiza, Luis Piña, o proxecto para a renovación do alumeado público do casco urbano financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) a través do Instituto para a Diversificación Enerxética (IDAE), cun investimento próximo ao millón de euros. Este proxecto forma parte da renovación integral do alumeado en todo o termo municipal, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando máis luminosidade e un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos e de emisións de CO2. A inversión total en todo o territorio municipal por parte do IDAE ascendeu a máis de 2,4 millóns de euros.
Reforma enerxética da piscina climatizada: máis de 727.000 €uros.
“Son investimentos que poñen no centro ás persoas, como tamén puidemos comprobar nas obras de rehabilitación da piscina municipal das que se benefician centos de veciños e veciñas grazas a un investimento de case 1 millón de euros por parte do Ministerio de Transportes”, destacou Pedro Blanco.
Mellora dos sistemas de depuración e saneamento pola Confederación Hidrográfica Miño Sil cun investimento de 1.45 millóns de €uros.
Así mesmo, no repaso aos investimentos estatais no municipio o delegado do Goberno sinalou que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil vai investir 1,45 millóns de euros na mellora dos sistemas de depuración e saneamento do municipio, mentres que en relación a infraestruturas, A Cañiza conta cun investimento de case 900 mil euros para a reparación do firme na N-120 e esta mesma semana o Ministerio de Transportes comprometeu 4,7 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética do túnel do Folgoso.
4,7 millóns de €uros para a mellora da eficiencia enerxética do Tunel do Folgoso e 900.000€ para a mellora do firme da N-120.
A Cañiza tamén contará na súa totalidade con conexións a internet de alta velocidade grazas ao Programa Único Banda Ancha do Plan de Recuperación do Goberno e forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística “Condado-Paradanta”, que conta con 1,5 millóns de euros de investimento.
“Para este Goberno a cohesión territorial e a mellora da calidade de vida dos habitantes dos concellos de Galicia, desde o máis grande ao máis pequeno, é un eixo vertebrador, polo que A Cañiza conta coa man tendida deste Goberno para seguir crecendo”, concluíu o delegado do Goberno.