O Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Cañiza preparan a sinatura do protocolo de colaboración para a implantación do parque empresarial do Vieiro

Así o comunicou esta mañá o Alcalde Luis Piña, tras a reunión de traballo mantida este luns 17 de febreiro, en Zona Franca de Vigo, co Delegado do Consorcio David Regades, para ultimar os preparativos que posibilitarán a sinatura deste Protocolo.

Unha sinatura  programada para os vindeiros días, previa a que Zona Franca promova perante a Xunta de Galicia a tramitación dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), para a implantación e o desenvolvemento do parque empresarial do Vieiro nunha superficie aproximada de 955.311 m2.

O Alcalde recordou que por parte do Concello o pasado 7 de febreiro, en Sesión Plenaria extraordinaria, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade o texto deste protocolo que o Alcalde Luis Piña calificou xa como “unha aposta real, estratéxica para o territorio rural, que leva implícita a fixación poboacional nas comarcas da Paradanta, O Condado, O Ribeiro e o norte de Portugal, grazas a alta conectividade e a excelente localización xeográfica da Cañiza”

Para Luis Piña éste é “Un proxecto ilusionante que suma non solo na nosa área de influencia territorial, senon que abarca a área metropolitana de Vigo ademáis de sumar na totalidade da Comunidade Autónoma”.