O Concello xa dispón do PROXECTO que permitirá construir unha nova ÁREA DE LECER na zona da “IRMANDADE” da MIÑOTEIRA, na parroquia de Valeixe.

 Unha importante actuación para a que o Concello xa está buscando financiación. 

 A ÁREA DE LECER PROGRAMADA SERÁ COMPATIBLE COAS ACTIVIDADES E FESTAS PARROQUIAIS QUE SE DESENVOLVAN NA PARCELA.

 A alcaldía,  seguindo a política de mellora das instalacións públicas, acondicionará a zona da Irmandade,  en Valeixe,  creando unha nova área de lecer que contará con zona de paseo, zona de xogos e zona de descanso, mellorando integralmente este espazo público.

Para seguir avanzando en proxectos de futuro, o Alcalde solicitou a redacción dun proxecto para a creación desta nova área á empresa GEOURBAN INGENIERIA AMBIENTAL Y URBANISMO S.L.

Video file

 

Dispor dun proxecto maduro é fundamental  para optar á financiación necesaria no momento no que se presente a oportunidade de obter subvencións doutras administracións. 

Un proxecto de 261.898,28 € para crear un espazo lúdico único e senlleiro, pensado tamén para a integración d@s nen@s con mobilidades reducidas.

Dos 261.898,28 € do orzamento deste proxecto, 181.886,43 € corresponden ao orzamento de execución material, 23.645,24 € corresponden ao 13 % de gastos xerais, 10.913,19 € ao 6% do beneficio industrial e 45.453,42 € corresponden ao IVE.

O espazo lúdico creado xerará no lugar da Miñoteira un punto de encontro dentro da parroquia de Valeixe e das limítrofes, tanto para os máis cativos como para as persoas maiores, sendo un espazo de convivencia.

A área de lecer proposta será compatible coas actividades e festas parroquiais que se desenvolvan na parcela.

Contará cunha área de xogos de deseño que permita crear tanto zonas moi dinámicas como de sosego.

O acceso á zona de actuación realizase dende a estrada EP-5003 A Cañiza-Arbo, que será a entrada principal dende onde parte a senda que nos levará ata a zona de xogos e as zonas de descanso.

Neste espazo queda garantida a accesibilidade universal, coa creación de todos os itinerarios accesibles. Ademáis, se instalarán redes de pluviais, drenaxe e de abastecemento para evitar acumulación de auga no parque infantil.

 

o Concello xa dispón do PROXECTO que permitirá construir unha nova ÁREA DE LECER na zona da “IRMANDADE”da MIÑOTEIRA- Valeixe.

 

A zona de xogos albergará xogos para diferentes idades. O parque infantil será accesible e con elementos inclusivos, coa integración de xogos habituais con xogos accesibles e adaptados para garantir o xogo para todos @s nen@s. Proponse actividades variadas: deslizamento, trepa, escalada, xogo de habilidade, equilibrio, destreza, xogo grupal, e xogo accesible. Compleméntase con xogos tradicionais como randeeiras, balancíns e unha casiña para o xogo dos mais pequenos.

 Utilizaranse xogos de materiais naturais e duradeiros como robinia así como un pavimento de amortiguación de céspede artificial e garbancillo.

 O parque disporá de dúas de zonas de descanso, formadas por dúas bancadas de formigón executadas “In situ” para o descanso dos mais pequenos e dos acompañantes. As zonas de descanso están marcadas polo deseño do mobiliario, disporán de zonas de sombra coa plantación de especies arbóreas autóctonas e arbustos ornamentais.