O Concello tramita a aprobación do primeiro «PLAN DE MEDIDAS ANTIFRAUDE»

  • Un novo paso hacia a xestión máis transparente dos contratos municipais.
  • Trátase dun requisito normativo para a xestión e execución dos fondos outorgados pola unión europea dentro do plan de recuperación Next Generation.
  • Para velar polo cumprimento deste Plan creouse un comité antifraude que estará composto polo interventor, tesoureiro e un administrativo do Concello.
  • Entrará en vigor tras a súa aprobación no vindeiro Pleno que convoque o Concello.
  • O plan estrutúrase ao redor dos catro elementos crave do denominado ciclo  antifraude: prevención, detección, corrección e persecución e será de aplicación a todos os órganos e a todo o persoal que interveñan na xestión de fondos provenientes do  Mecanismo de Resiliencia e Recuperación da Unión Europea.

O documento que actualmente está en tramitación, está definido na orde HFP/1030/2021 como unha actuación obrigatoria a realizar inicialmente para a evaluación do risco, impacto e probabilidade de risco de fraude, corrupción, conflicto de intereses e doble financiación nos procesos clave da execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. En resumen, o “Plan”  define os procedementos para previr, detectar, correxir e perseguir posibles situación de fraude, corrupción ou conflicto de intereses na xestión das subvencións concedidas con Fondos da Unión Europea.

O Comité Antifraude  do Concello da Cañiza está constituido polo Presidente, que será o Interventor do Concello; o Secretario, posto ocupado por un administrativo adscrito á secretaría xeral e un vocal, cuberto polo Tesoureiro do Concello.

O Plan  ten como obxectivo establecer os principios e as normas que serán de aplicación e  observancia en materia  antifraude, anticorrupción e a fin de evitar os conflitos de intereses.

Para iso, promoverase unha cultura que exerza un efecto disuasorio para calquera tipo de actividade fraudulenta, facendo posible a súa prevención e detección, e desenvolvendo uns procedementos que faciliten a investigación do fraude e dos delitos relacionados co mesmo, que permitan garantir que tales casos se abordarán de forma adecuada e no momento preciso.