Esta mañá tivo lugar o sorteo dos 30 premios asociados á campaña de promoción dos cocidos cañicenses que se presentou o pasado 28 de outubro, activa ata o día 3 de novembro.
Unha campaña que consistíu no regalo dunha rifa a todos aqueles comensais que durante dita semana, consumiran unha ración de cocido cañicense nos locais adheridos: Bar Piri-Piri, Bar Eligio, Area de Servicio, Chiringuito da Avoa, Finca Biabí, Restaurante Arela, Restaurante Os do Resero, Eido do Monte, Xamonería Pirri, Xamonería Xatomé .
O Concello sorteou hoxe os 30 premios. 30 noites de hotel para dúas persoas a desfrutar nun dos 3 establecementos da Cañiza participantes nesta iniciativa de promoción dos activos gastronómicos e turísticos da Cañiza: Apartamentos Turísticos Augusto, Finca Briabí e Casa Rural Vieiro.
Segundo se recollen nas Bases da campaña, celebrouse un sorteo por cada un dos establecementos que entregaron os marxinais dos cupóns repartidos entre os seus clientes e a continuación celebrouse outro sorteo global no que entraron todos os xustificantes entregados.
Os premiados serán notificados a través do número de teléfono facilitado e ademáis os números agraciados poderanse verificar na páxina web do Concello e redes sociais.
Os portadores dos numeros premiados teñen 1 mes para recoller nas oficinas municipais do Concello ( rúa Oriente, nº 11 – 1º andar da Cañiza, en horario de 8:00 a 15:00h) o vale correspondente para 1 noite de hotel para dúas persoas, debendo presentar, de xeito obrigado, a factura ou billete de compra emitido polo establecemento no que figure claramente o concepto “cocido” e a data de consumición.
Dende o Concello convocamos a todos os premiados a asistir este lunes, 2 de decembro de 2024, ás 18h, nas oficinas da Casa Consistorial, para participar nun acto conxunto de entrega de premios.
O período de validez dos vales está comprendido entre o 1 de decembro de 2024 ata o día 30 de marzo de 2025 ( agás a campaña de Nadal).
O Alcalde volveu a recordar esta mañá que “ con esta iniciativa queremos animar a visitar A Cañiza e a coñecer a nosa gastronomía e os nosos activos turísticos, principalmente as nosas rutas de sendeirismo que no outono alcanzan un alto valor paisaxístico”.
Moitas felicidades a todos os agraciados!