A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, concede ao Concello unha axuda ao abeiro do procedemento TR350E do FSE+ para a contratación dunha persoa moza desempregada que comezará a traballar o 15 de decembro durante 9 meses.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia nº 160, do venres 22 de agosto de 2025, a resolución correspondente ao procedemento TR350E, unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027. Ao abeiro deste procedemento, o Concello obtivo unha subvención destinada á contratación dunha persoa moza desempregada, integrante do colectivo beneficiario deste programa.
Grazas a esta axuda, o Concello formalizará a contratación dunha persoa que desenvolverá labores de apoio no departamento de Vías e Obras Municipal durante un período de nove meses, a xornada completa, a partir do luns 15 de decembro.
Esta iniciativa ten como finalidade facilitar que a mocidade galega poida adquirir experiencia profesional nun contorno real de traballo, mellorando as súas competencias e incrementando as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral en condicións máis favorables. Ao mesmo tempo, o Concello reforza os seus recursos humanos nun área esencial para o mantemento e mellora das infraestruturas municipais.
O programa enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo+ por impulsar a empregabilidade xuvenil, apoiar a formación práctica e promover a inserción laboral do colectivo mozo.
