O Concello da Cañiza desenvolve, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 130 vivendas do termo municipal.
Este domingo, 20 de novembro, de 10:30 a 13:30 h, habilitarase fronte á Casa Consistorial un stand informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas se poidan informar sobre esta campaña.
Así mesmo, o día 1 de decembro, ás 20:30h, no salón de plenos do concello realizarase unha xuntanza explicativa dos pormenores da campaña, destinada aos interesados en participar na mesma.
#ACañizaCoidadaESostible
#ACañizaAdentrateEnGalicia