O Concello mellora o céspede artificial do campo de fútbol de Augas Férreas co innovador sistema TurfRob
- O Alcalde Luis Piña informou esta mañá que o Concello esta desenvolvendo actuacións de mantemento e reparación no campo de fútbol de Augas Férreas, co obxectivo de garantir as mellores condicións de uso e seguridade para todos os deportistas.
- Estos traballos, que están sendo executados pola empresa especializada Ginkgo Sports Turf & Gardens, enmárcanse na aposta global do Concello por modernizar as súas infraestruturas deportivas.
O mantemento comprende o descompactado, cepillado e distribución homoxénea do caucho existente no campo de xogo, así como a limpeza da superficie de pequenos elementos metálicos que poidan ocasionar lesións aos usuarios.
O orzamento total destas actuacións ascende a 1.331€.
Innovación coa tecnoloxía TurfRob
Estas tarefas complétanse co uso do TurfRob, o primeiro robot deseñado especificamente para o coidado de campos de céspede artificial, desenvolvido en Alemaña e probado intensamente tamén en España desde 2021.
O TurfRob dispón de GPS de alta precisión, contrólase facilmente a través dunha aplicación móbil e funciona con baterías recargables, o que o converte nun sistema 100% sostible e ecolóxico. Entre as súas principais funcións destacan:
- Rastrillado e descompactado do caucho existente, garantindo que o terreo de xogo manteña unhas condicións óptimas.
- Cepillado e enderezamento das fibras do céspede, evitando o seu deterioro prematuro e prolongando a vida útil da instalación.
- Redistribución uniforme do caucho, favorecendo a amortiguación e reducindo o risco de lesións.
- Mantemento programable, con ata 5 programas distintos adaptados á intensidade de uso do campo.
Grazas a esta tecnoloxía, conséguese:
- Un campo máis seguro e homoxéneo para os deportistas.
- Unha redución dos custos de mantemento a medio e longo prazo.
- Unha prolongación da vida útil do céspede artificial, optimizando o investimento realizado polo municipio.
“Desde o Concello seguimos apostando pola mellora das nosas instalacións deportivas, incorporando ademais solucións innovadoras e sostibles que garantan a seguridade dos usuarios e a calidade do terreo de xogo”, sinalou o Alcalde.
O Campo de Fútbol das Augas Ferreas reformouse integralmente en 2024
Luis Piña lembrou que en maio de 2024 se levou a cabo unha reforma integral do campo de fútbol de Augas Férreas, cun investimento total de 602.421,61 €, adxudicada á empresa PRACE, Servicios y Obras S.A., e financiada integramente mediante dúas subvencións da Deputación de Pontevedra (Plan PON30 e Plan +Provincia 2024).
A reforma permitiu:
- Substituír os 6.786 m² de céspede sintético.
- Instalar 4 torretas de luz de 18 metros de altura.
- Renovar o sistema de rego.
- Impermeabilizar e mellorar os vestiarios, aseos e duchas, incluíndo unha nova caldeira de biomasa.
- Habilitar un novo acceso ao campo e limpar os muros perimetrais.
- Crear unha zona de adestramento adicional aproveitando o céspede retirado en mellor estado.
O novo campo foi inaugurado a finais de agosto de 2024 cun partido amigable entre o Club de Fútbol Cañiza feminino e As Celtas de Vigo.