
Domingo 7 de agosto. Saída ás 9h dende As Grades (pasando o Camping Carballo do Marco)
Anímate a camiñar con nós e inscríbete gratuitamente no número da Biblioteca Municipal 986 66 30 69.
ESTE DOMINGO INAUGURAMOS ESTA NOVA RUTA INCLUíDA DENTRO DO PLAN DE REORDENACIÓN DE SENDEIROS DA CAÑIZA.
- Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación dunha ruta diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 207.
- Cun percorrido circular de 8 km é unha das 3 rutas que o Concello recuperou dentro deste Plan, xunto coa ruta de Fontefría e a ruta de Luneda que se inaugurarán próximamente, tamén con andainas programadas.
- Unha actuación cun inventimento de máis de 30.000€, financiada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
- E que ten por obxectivo poñer en valor o noso potencial paisaxístico, aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a nosa economía.
- Con estas tres iniciativas e xunto co Sendeiro do Río Ribadil, pertencente ao Espazo Natural Rede Natura 2000 e a ruta PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva, o Concello da Cañiza completa a súa REDE DE SENDEIROS, axeitada a unha zona de tan alto valor ecolóxico e natural.
- Segundo o Alcalde Luis Piña “temos que aproveitar o noso altísimo potencial paisaxístico e os noso patrimonio e acervos culturais, que xunto cos saudables aires das montañas do Pedroso e Paradanta nos sitúan como un dos mellores emprazamentos para disfrutar do turismo activo”. Ademáis continúa explicando o Alcalde “este turismo casa perfectamente coa nosa excelente oferta gastronómica e vitivinícola”.

TRAZADO DA RUTA – ANDAINA DESTE DOMINGO 7 DE AGOSTO.
Este domingo 7 de agosto o Concello da Cañiza inaugura a primeira das tres rutas incluídas dentro do Plan de Reordenación de Sendeiros cunha andaina que comezará ás 9h con saída na zona das Grades, pasando o Camping Carballo do Marco, dirección hacia a piscina ao aire libre.
Cun percorrido circular de 8 Km, o camiño discurre polas parroquias de Petán, Achas e A Cañiza.
Iniciase en sentido horario descendendo cara a piscina municipal das Grades. Por camiños entre muros de pedra e baixo os piñeiros, chégase ata a mámoa das Achas, podendo visitar o paso cabalar no río Deva.
A continuación o camiño ascendente regresa ao lugar das Grades, para bordear a Cidade Castrexa das Grades e chegar á Aldeíña e desanda un tramo sobre os propios pasos pola beira do Deva para voltar ao sendeiro circular e chegar de novo ao camping.
Galería multimedia





