O Concello entregou este ano 18.500 kilos de alimentos ás familias incluidas nos programas de acción social municipal

  • Nestes días previos á Noiteboa, o Concello entregou 6000 kilos de alimentos e produtos de hixiene e nesta ocasión especial, doces de nadal, ás 36 familias do Programa.

Según informou o Alcalde Luis Piña, o Concello adquiriu con fondos propios 7.780 kilos de alimentos, aos que  hai que sumar outros 10.720 kilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2022.  

A Adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda alimentaria do fondo de axuda europea para as persoas máis desfavorecidas. Está promovido polo Ministerio de Interior, A Consellería de Política Social e Cruz Roja.

Un total de 18.500 kilos para as 36 familias que actualmente están incluidas nos programas de acción social e que reciben unha media  de 513 kilos de comida anual por familia.

Tamén destacar a aportación da Deputación de Pontevedra que este ano achegou a cantidade de   6.989,70 €uros  para adquisición de produtos de primeira necesidade.