para realizar prácticas de Grado Superior de Educación Infantil durante 3 meses na Escola Infantil Municipal da Cañiza
O CONCELLO CONTINÚA COLABORANDO CO CENTRO «EFA A CANCELA» DAS NEVES COA SINATURA DE CONVENIOS ESPECÍFICOS DE FORMACIÓN
Nesta ocasión para realizar prácticas de Grado Superior de Educación Infantil durante 3 meses na Escola Infantil Municipal da Cañiza
Formación que se imparte no Centro das Neves por primeira vez neste curso escolar 2021- 2022, sendo ésta a 1ª promoción de graduados.
Así o comunicou esta mañá o Alcalde Luis Piña despois de reunirse cunha das profesoras deste Ciclo de Educación Infantil, María Estévez.
Este convenio permitirá que as alumnas poidan continuar a súa formación en prácticas durante 3 meses na Escola Infantil Municipal da Cañiza. Dende o vindeiro luns 28 de abril ata o 6 de xuño o alumnado poderá coñecer a realidade das aulas.