O Concello despide o 2022 coa presentación do libro sobre a vida e cantares da nosa veciña «CONCHA DE LUNEDA»

  • Unha obra do escritor, antropólogo, músico e activista cultural Xerardo Fernández Santomé, que se presentou o pasado 28 de decembro no Salón de Plenos do Concello.
  • CONCHA DE LUNEDA, A VIDA NUNHA CANTIGA é unha obra promovida, editada e publicada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra, asociación á que pertence tamén o autor e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello da Cañiza e a Comunidade de Montes de Luneda.
  • Un libro de 6 capítulos nos que se trata o contexto xeográfico e histórico no que vive a protagonista, a súa autobiografía, os procesos cíclicos da Paradanta e as súas costumes, a morte , a muller no rural e por suposto, o legado de Concha.
  • Ademáis o libro contén un USB con 108 audios e varios videos para disfrutar das súas cantigas e relatos.
  • O libro pódese adquirir na Cañiza nas librerías “PEPA” e “ESCRIBAN” por un prezo de 20€.

 

O pasado 28 de decembro o Alcalde Luis Piña, acompañado polo autor e escritor Xerardo F. Santomé, presentaron o libro «Concha de Luneda, a vida nunha cantiga». Un acto no que tamén participou como moderador Xosé Miguélez, profesor de música tradicional galega no Conservatorio de Ourense e estreito colaborador da Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra, promotor da edición e publicación desta obra dedicada a Concepción Rodríguez Alvarez.

Unha obra que segundo manifestou o seu autor non é soamente un libro de cancións e relatos folclóricos, senon unha expresión gráfica de todas as memorias e vivencias desta muller contadas nos últimos vinte anos da súa vida.

Unha historia que vai dende Barbeita (Monçao – Portugal) ata Luneda, pasando por Arbo e Parada de Achas. Unha historia real que narra cómo unha muller, ao igual que moitas outras do Paradanta e do Alto Minho portugués, enfrontouse a unha vida chea de traballos e esforzos nunha época extraordinariamente dura, nun lugar abandonado e afastado dos centros urbanos onde o benestar evolucionaba máis rápido.  

Un relato que abarca unha vida marcada pola diferenza de xénero e a relixión, esta última como o único abeiro posible para superar tanta desgraza.  Malia todo isto, o libro nos adentra tamén nunha historia de grandes vitorias individuais e sociais, chea de cantigas que aparecen nas páxinas desta publicación. Cantigas que presumen un final feliz.

Dende o Concello da Cañiza queremos agradecer tanto ao autor do libro, Xerardo F. Santomé, como a todo o equipo e familia da Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra polo cariño, atención e dedicación que, nos consta, amosaron durante as últimas décadas por Concha e que culmina, despois do seu pasamento, coa publicación das memorias da súa vida e dos seus cantares.

 

O Concello despide o 2022 coa presentación do libro sobre a vida e cantares da nosa veciña «CONCHA DE LUNEDA»

 

O Concello despide o 2022 coa presentación do libro sobre a vida e cantares da nosa veciña «CONCHA DE LUNEDA»