O Concello da Cañiza reivindica o 25N xunto á Federación Galega de Balonmán e á Subdelegación do Goberno nun acto conxunto celebrado este sábado no pavillón municipal da Cañiza.
Así o recordou o Alcalde Luis Piña:
“neste día o Concello da Cañiza quere lembrar e poñer en valor o acto celebrado o sábado 22 de novembro no pavillón municipal da Cañiza, no marco da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, durante o encontro de balonmán femenino disputado entre o Helvetia Saeplast Cañiza e o SAR Rodavigo.”
Ao inicio do partido, correspondente á División de Honra Prata Feminina, realizouse un xesto simbólico no que se despregou na cancha unha pancarta co lema “El Juego se detiene ante la violencia machista”.
O acto contou coa presenza do Alcalde Luis Piña; da Concelleira de Igualdade de Redondela, Iria Vilaboa; da xefa da Unidade contra a Violencia da Subdelegación do Goberno, María José Rodríguez; do presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; da responsable de Formación da Federación, Carla Abad; e dos directivos Rubén González, Aurelio Barriero, Shaila Bautista e Ismael Gómez.
Tamén participou a directiva do Club Balonmán A Cañiza, que quixo mostrar o seu apoio explícito a esta causa, reforzando o compromiso do deporte local coa loita contra as violencias machistas.
#25N #ContraAsViolenciasMachistas #Igualdade #ACañiza #Balonmán #NonÁViolencia