Dentro da programación organizada polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas 2026, dedicado este ano á escritora e xornalista galega Begoña Caamaño, o Alcalde Luis Piña, acompañado do concelleiro de Cultura Rubén Muiños, presidiu este domingo 17 de maio a entrega de premios dos certames literarios “Letras Galegas 2026”.
O acto celebrouse ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
PREMIADAS DOS CERTAMES LITERARIOS
XXVII Concurso de Poesía
- 1ª Categoría (6 a 12 anos)
-
- 2ª Categoría (13 a 17 anos)
-
XXV Concurso de Relatos
- 1ª Categoría (6 a 12 anos)
-
- 2ª Categoría (13 a 17 anos)
-
O xurado estivo integrado por profesorado dos departamentos de Lingua Galega e Castelá do CPI da Caniza e polo concelleiro de Cultura, valorando especialmente a creatividade, a orixinalidade e a forza expresiva dos traballos presentados.
Tras a entrega de premios o Alcalde destacou “a importancia de seguir creando espazos onde a mocidade poida expresarse en galego con creatividade” e puxo en valor “o papel das familias no apoio á lectura e á escritura desde idades temperás”, sinalando que “cada edición destes concursos confirma que hai unha xeración nova con talento, sensibilidade e interese pola nosa lingua”.
O PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS CONTINÚA O SÁBADO 23 DE MAIO
A entrega de premios dos concursos literarios foi o acto central da programación das Letras Galegas 2026, aínda que o calendario cultural continuará o próximo sábado 23 de maio cun novo evento musical, ao que o Concello invita a participar.
O Concerto Coral das Letras Galegas 2026 celebrarase ás 20:30 horas no Auditorio Municipal da Caniza e contará coa participación das seguintes formacións:
- Coral Polifónica Vivacce da A.E.C.C. de Vigo
- Coral Polifónica Fogar de Breogán
- Coral Polifónica A Caniza