O Concello da Cañiza e Cruz Roja clausuraron esta mañá o curso de “Hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes”

  • Unha formación enmarcada dentro do Convenio de colaboración asinado entre o Concello e Cruz Roja o pasado 18 de xuño e que permitirá establecer e desenvolver accións de sensibilización sobre igualdade, non discriminación e xeración de mercados inclusivos, durante un ano, podendo prorrogarse durante un ano máis.

Esta mañá o Alcalde Luis Piña e Concepción Ayude Salgueiro, Orientadora Laboral da Asamblea Comarcal do Condado -Cruz Vermella, clausuraron esta formación gratuíta de 150 horas de duración, impartida na Casa de Cultura da Cañiza dende o 1 de xullo ata hoxe. Unha formación dirixida especialmente a mulleres desempregadas e na que participaron 14 alumnas.

Este primeiro curso impártese ao abeiro do Plan de emprego de Cruz Roja que conta co apoio do Ministerio de Traballo e Economía Social e do Fondo Social Europeo a través do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a pobreza.