Así o aprobou a Comisión Especial de Contas na Sesión celebrada este luns que contou cos votos a favor do Equipo de Goberno e a abstención da oposición.
- A Comisión Especial de Contas validou este luns as medidas implementadas no Plan de Saneamento financeiro neste 2024.
- Esta Comisión é o órgano encargado de controlar e impulsar o cumprimento destas medidas, segundo se recolle no punto 7º do Plan aprobado no Pleno do 30 de novembro de 2023 . A Comisión tamén é a encargada de redactar o informe anual sobre o grao de execución das medidas do Plan de Saneamento Financeiro.
- Este cumprimento é esencial para volver a solicitar diante do Ministerio de Hacienda do Goberno de España a reducción da retención na participación de Tributos do Estado no 25%.
- O Concello amortizou dende o mes de xullo de 2023 ante Hacienda, un total de 542.860,21€ dos 2.769.009,08€ que A Cañiza ten que devolver, correspondentes aos 2 Mecanismos de Pago a Proveedores abertos ao Concello pola Axencia Tributaria por non ter satisfeito as obrigas de pago de facturas aos nosos proveedores, no tempo que marca a Lei. Unha débeda acumulada nos mandatos anteriores a xuño de 2019.
A Participación de Tributos do Estado é unha das principais fontes de financiación do Concello (supón un total anual de ingresos de 1.089.549,72€, a razón de 90.795,81€ mensuais para o ano 2024, que pode variar e oscilar en función do número de habitantes e a suma doutras variables).
Esta achega económica viuse reducida no 50% a partires do mes de xullo de 2023 ao ter que devolver o Concello un total de 2.769.009,08 correspondentes aos 2 Mecanismos de Pago a Proveedores ( 2022 e 2023) nos que A Cañiza obrigatoriamente tivo que entrar ao non cumprir coas obrigas de pago aos nosos proveedores.
A retención que o Ministerio de Hacienda aplicaba a esta participación era do 50%, é decir, dos 90.795,81€ mensuais que o Concello tiña que percibir con cargo a este Tributo, quedaban retidos a metade: 45.397,90€.
Con todo, o Concello podía solicitar a rebaixa desta retención ata o 25% ( esta é unha potestade de Hacienda, que é quen decide canto vai rebaixar en función da situación de cada concello). O Artigo 117 da Ley de Presupuestos Generales del Estado 2023, permitía esta rebaixa sempre que a Corporación acreditara a existencia de graves desfases na tesourería.
Plan de Saneamento Financeiro
Para solicitar esta rebaixa o Concello tivo que realizar un Plan de Saneamento Financeiro que se aprobou polo Pleno o pasado 30 de novembro de 2023 e que foi aceptado polo Ministerio de Hacienda, aplicándose a partires do mes de xaneiro de 2024.
O Concello, a través da Comisión Especial de Contas aprobou o luns o informe que da conta do cumprimento das medidas que se aplicaron neste 2024 e que formaban parte deste Plan de Saneamento.
O cumprimento destas medidas permitirá volver a solicitar antes de final de ano, ante o Ministerio de Hacienda, o mantemento da rebaixa da retención na PTE no 25%, o que posibilitará que os ingresos por este concepto non se vexan mermados á metade.
Este Plan de Saneamento financeiro é ANUAL, polo que é obrigatorio ter que renovalo cada ano.
Medidas adoptadas no 2024 para cumprir o Plan de Saneamento Financeiro
EN MATERIA DE GASTOS:
Entre as medidas de aforro destacou a licitación do contrato de subministro eléctrico, asinado o 27.12.2023 e que empezou a executarse o 01.01.2024 que permitiu aforrar ao Concello un total de 259.657,05€ respecto da liquidación do ano 2023. Un aforro que se verá incrementado con respecto a este 2024.
Outra das medidas do Plan era a reducción dos postos de traballo que quedaran vacantes por xubilación ou calquera outra causa. As baixas de 2 traballadores permitiron aforrar 54.893,92€ anuais.
A estas 2 medidas, sumouse a reducción dos importes dos recursos propios investidos nas diversas actuacións desenvolvidas polo Concello que baixou de 369.893,57€ en 2022 a 80.608,45€ en 2023, prevéndose que no exercizo de 2024 esta cantidade quede reducida a 50.000€.
EN MATERIA DE INGRESOS
Todas estas medidas de aforro foron complementadas ademáis coas actualizacións das ordenanzas fiscais das taxas dos servizos de saneamento, lixo e auga e dos impostos de IBI, IAE e vehículos. Actualizacións que se aprobaron en decembro de 2023 e que se aplicaron neste 2024, incrementando os ingresos do Concello en 270.000€ anuais.
Ademáis o Concello iniciou unha revisión dos padrons tributarios co obxecto de incrementar os ingresos. Neste capítulo desenvolveuse un importante traballo de investigación por parte da Policía Local, sobre as parcelas que tiñan titular descoñecido para identificar os presuntos propietarios, remitíndose ao ORAL un total de 40 expedientes. Esta investigación comezou polas propiedades de maior valor catastral.
Por outra banda a Xerencia Territorial do Catastro Inmobiliario de Pontevedra, iniciou neste 2024 unha inspección catastral que conseguiu aflorar 700 construccións (entre vivendas, galpóns, piscinas...) en todo o Municipio que tamén empezarán a contribuir.
Medidas para equilibrar os gastos e ingresos municipais
Todas estas medidas adoptáronse coa finalidade de poder equilibrar os capítulos de gastos e ingresos no exercicio de 2024.
Segundo manifestou o Alcalde despois de terse validado o cumprimento do Plan na Comisión do pasado luns, “esperamos que o Ministerio de Hacienda manteña a retención no 25%, xa que durante todo este ano tanto dende a Gobernanza como por parte das veciñas e veciños da Cañiza fixemos un gran esforzo por reconducir á grave situación económica do noso Concello”.
“Un Concello cunha gran débeda herdada á que se suma a carestía da prestación dos servizos pola nosa configuración territorial: un municipio cunha extensión de 108 Km, cunha poboación altamente diseminada e barrios pouco poboados”.