O Concello da Cañiza clausura o curso “Xuventude TIC de Verán” con entrega de diplomas a estudantes de ESO e Bacharelato

O Concello da Cañiza puxo fin onte, 4 de agosto, ao curso “Xuventude TIC de Verán”, unha iniciativa formativa gratuíta que constou de 52 horas de duración, dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato, e que se desenvolveu ao longo do mes de xullo na Aula CeMIT da Cañiza.

O acto de clausura contou coa presenza do Alcalde da Cañiza, quen fixo entrega dos diplomas ao alumnado participante. Luis Piña felicitou aos participantes e agradeceu a labor do profesorado e da empresa formadora, destacando a importancia de apostar pola formación dixital da mocidade como ferramenta de futuro.

Durante o curso, os mozos e mozas recibiron formación en:

  • Ofimática básica

  • Creación web con linguaxe de marcas

  • Elaboración de follas de estilo (CSS)

  • Deseño de plantillas e formularios

  • Iniciación e nivel avanzado en impresión 3D: deseño e produción de pezas

Esta actividade, totalmente gratuíta, tivo como obxectivo achegar aos máis novos ao mundo da tecnoloxía e fomentar competencias dixitais cada vez máis demandadas no ámbito académico e laboral.

O Concello da Cañiza, a través da Aula CeMIT e da Biblioteca Municipal, continúa así a súa aposta pola educación tecnolóxica e pola dinamización xuvenil durante o período estival.

 

O Concello da Cañiza clausura o curso “Xuventude TIC de Verán” con entrega de diplomas a estudantes de ESO e Bacharelato