O Concello da Cañiza acordou no Pleno celebrado esta mañá a aprobación definitiva do orzamento para o ano 2022 por un importe de 7.212.517,79€.

  • Un orzamento que destina ao capítulo 6 de investimentos 3.263.571,69€ e que supera o orzamento de 2021 (5.661.307,87€) en 1.551.209,92€.
  • Para o Alcalde da Cañiza, o orzamento de 2022 segue a mesma liña dos pasados exercizos aplicando rigor e responsabilidade. “continúa sendo un EXERCIZO que valida a acción asumida polo Goberno Local dende a toma de posesión e que enfoca o camiño durísimo de axuste que obriga a ser moi xustos coas necesidades reais da Cañiza”.

 

No Pleno extraodinario celebrado esta mañá a Corporación Municipal aprobou definitivamente o Orzamento para o exercicio de 2022 cos 7 votos a favor do equipo de goberno e o voto en contra dos 5 concelleiros da oposición. Este orzamento aprobouse inicialmente no Pleno celebrado o pasado 2 de setembro, estando en período de alegacións ata o pasado venres.

A entrada en vigor do Orzamento Municipal para 2022 recolle a subida salarial do 2 %, aplicada desde xaneiro, establecida nos Presupuestos Generales del Estado de 2022 así como a creación dunha praza de funcionario administrativo.

Neste EXERCIZO económico tamén se dedica unha importante partida aos servizos sociais, sobre todo á atención dos nosos maiores e ás persoas en situación de exclusión social.

Pero a parte máis importante deste Orzamento é a destinada a Investimento cun Anexo que alcanza os 3.263.571,69 € e que ten como obxectivo mellorar as infraestruturas e servizos públicos locais.

Desta cifra se descontan 1.236.506,39 € que corresponden á  renovación do alumeado público de Cañiza, Petán e Oroso que xa aparecían nos Orzamentos do 2021. Obras que xa están adxudicadas, pero que houbo que volver a reflexar na parte contable do  exercicio de 2022 para así poder financialos cun préstamo bancario que se amortizará tan pronto o Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético do Goberno de España (concesionaria destas subvencións a través dos programas DUS 5000)  abone ás  subvencións que  xa están concedidas pero que non se fan efectivas ata o remate e xustificación das obras.

Os 1.236.506,39€ corresponden ás seguintes actuacións:

  • Reforma alumeado público de Achas: 122.696.38€
  • Reforma alumeado público Cañiza 1: 416.478,79€
  • Reforma alumeado público Cañiza 2: 399.550,90€
  • Reforma alumeado público Oroso e Petán: 297.780,32€

 

DESCONTADA ESTA CANTIDADE, OS 2.027.065,30€ DO CAPÍTULO 6 DE INVERSIÓNS DO ORZAMENTO DE 2022  INCLÚE AS SEGUINTES ACTUACIÓNS:

  • 895.763,64€ destinados á Rehabilitación da piscina climatizada da Cañiza, que poderá abrirse ao público nos primeiros meses de 2023.
  • 289.991,08€ destinados á construcción dunha pista de Skateboard e Pumptrack situado na contorna do Centro Comarcal.
  • 135.000 € para a Adquisición de 10 hectáreas de terreos / parcelas na “Cidade Castrexa” das Grades.
  • 110.397,50€ que irán destinados á execución das obras legalización do Parque Uceira (antigo Mercado do Gando).
  • 105.191,71€ para continuar mellorando os camiños municipais, neste exercicio na parroquia do Couto, actuando no vial de Xunqueiras a Santa Baia.
  • 88.398,95€ para a construcción do pozo de Portoaugavella que posibilitou dar un novo aporte de auga aos tanques de cabeceira da rede de auga potable municipal.
  • 85.566,74€ dun novo proxecto de bioresiduos que contempla a adquisición dun camión de recollida de lixo, non compactador.
  • 79.600,43€ para a adquisición dun vehículo barredor.
  • 52.382,33€ destinados á  reforma da Praza de San Roque en Luneda.
  • 29.877,00€ para a adquisición de 40 contenedores de recollida orgánica marrón, segundo obriga a nova lei de residuos así como a compra de composteiros e a realización de charlas e actividades para mellorar e optimizar a recollida selectiva entre a veciñanza.
  • 29.748,00€, destinados á creación da ferramenta” Recunchos turísticos da Cañiza”, que estará implementada na Web municipal e que permitirá coñecer  os lugares de interese turístico da Cañiza dunha forma innovadora, integrando entretemento e coñecemento.
  • 25.329,70€ correspondentes a inversión en adquisición de novo servidor de información e equipos informáticos.
  • 21.952,36. Actuación medioambiental e turística do Miradoiro do río Ribadil
  • 20.000 € para a adquisicións de terreos:  antiga instalación do Matadeiro na EP A Cañiza* Arbo; estacionamento central na Cañiza, ubicación de postes de telefonía móbil (Couto e Luneda) para dar sinal e cobertura a estas zonas afectadas pola brecha dixital ao non ter sinal de telefonía móvil nin internet ningunha ou moi debilitada.
  • 18.145,16€ destinados a desenvolver varios traballos de excavación nos terreos da “Cidade Castrexa” das Grades.
  • 17.106,01€ para instalación de paneis solares na Casa Consistorial.
  • 12.808,22 Pago da cuota nº 15 ( de 25) de adquisición de parcela en Igrexa- Oroso.
  • 6.397,56 €. Reforma da Fonte dos Anxos (situado no entorno do Santuario da Franqueira), unha das xoias escultóricas máis antigas da noso patrimonio civil e arquitectónico.
  • 3.398,89€ para adquisición de mobiliario urbano destinado a humanizar o espazo histórico da Fonte dos Dous Canos

Todas estas obras están financiadas con cargo a FONDOS EUROPEOS e subvencións do Goberno de España, a través do IDAE (Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético), da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

As aportacións do IDAE ascenden a 1.236.506.39€ que terá que asumir primeiramente o Concello asinando unha operación de préstamo ata que as obras estén executadas e xustificadas. No momento en que se reciba a subvencións, o crédito queda cancelado.

A Deputación de Pontevedra  colabora co Concello cun total  de 1.172.724,93 € en subvencións e actuacións.

O Concello aporta, neste apartado de inversión  467.026,28€ de recursos propios.

E finalmente a Xunta  de Galicia se compromete co Concello en 2022 con 387.314,09 para investimentos e programas.