A Medalla é un recoñecemento ao traballo e servizo prestado durante máis de 90 anos de actividade deportiva, cultural e social.
A Asociación Deportiva Cañiza Clube de Fútbol recibirá a Medalla de Prata da Vila polo seu traballo cos nenos e nenas durante un cuarto de século.
- A Corporación Municipal, á proposta do Alcalde, concede ao Clube de Fútbol Cañiza a Medalla de Ouro da Vila da Cañiza, polo extraordinario servizo prestado á Vila durante máis de 50 anos.
- Concédese, á proposta do Alcalde, a Medalla de Prata da Vila da Cañiza á entidade deportiva Asociación Deportiva Cañiza Clube de Fútbol polos méritos acadados durante os últimos 25 anos.
O Alcalde Luís Piña informou que no pleno extraordinario celebrado o pasado martes, 28, ás nove da mañá acordouse distinguir á persoa xurídica, entidade deportiva Clube de Fútbol Cañiza coa concesión da Medalla da Vila da Cañiza, na súa categoría de ouro pola súa longa traxectoria (máis de 90 anos de actividade deportiva, cultural e social) que permitiu que o Clube de Fútbol Cañiza conseguir afianzarse como unha «institución» na Cañiza. O Alcalde destacou o meritorio traballo e servizo prestado á Vila unindo deporte e sentimento de pertenza á A Cañiza.
Acordouse tamén distinguir á persoa xurídica, entidade deportiva Asociación Deportiva Cañiza Clube de Fútbol coa concesión da Medalla da Vila da Cañiza, na súa categoría de prata polos servizos prestados a esta Vila durante os seus 25 anos de historia. “Un cuarto de século de traballo diario cos nenos e nenas da Cañiza, formando con entusiasmo, ilusión e traballo en conxunto canteira e xogadores e xogadoras e sobre todo bos veciños e veciñas. Exemplo de entrega e de servizo altruísta prestado ao conxunto da poboación da Cañiza.”
A concesión destas medallas foi un compromiso adquirido polo Alcalde, Luís Piña, durante a celebración do 50º aniversario do Clube de Fútbol Cañiza.
O Alcalde agradeceu á Corporación Municipal que este punto da orde do día fose aprobado por unanimidade, cos votos a favor de todas as concelleiras e todos os concelleiros.