O Concello comunica que a feira do 20 de maio adiántase para o 19 de maio (domingo) para non coincidir coa celebración da ROMARÍA de As PASCUILLAS da Franqueira

B A N D O

LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑAALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A CAÑIZA

FAI SABER

A FEIRA DO DIA 20 DE MAIO DE 2024 (LUNS) ADIÁNTASE PARA O DOMINGO 19 DE MAIO PARA NON COINCIDIR COA CELEBRACIÓN DA ROMARÍA DAS PASCUILLAS NA FRANQUEIRA

Que o vindeiro 20 de maio de 2024, luns, celebrarase na Cañiza a Romaría das Pascuillas na honra da Nosa Señora Santa María da Franqueira. Este día está aprobado como festivo local no calendario de festividades da anualidade 2024 do Concello da Cañiza.

Tamén neste día 20 de maio está establecida a celebración da feira de cada mes tal e como se aprobou na Ordenanza Municipal de Venda Ambulante modificada e publicada o pasado 2 de decembro de 2021 no BOP nº 234, que no seu Capítulo III, Artigo 5, determina que «A Feira Tradicional da Cañiza se celebrará todos os días 6 e 20 de cada mes, e cando cadre en festivo manterase a súa celebración».

Considerando a excepcionalidade da celebración da Romaría das Pascuillas que este ano coincide co día 20 da feira (LUNS), e para garantir que as dúas celebracións non se solapen producindose un prexuízo entre elas,

Esta Alcaldía informa que, con carácter excepcional, a FEIRA TRADICIONAL DO 20 DE MAIO (LUNS), ADIÁNTASE PARA O DÍA 19 DE MAIO (DOMINGO).

 A Cañiza, 8 de maio de 2024

O ALCALDE- PRESIDENTE

Luis Antonio Gómez Piña

O Concello comunica que a feira do 20 de maio adiántase para o 19 de maio (domingo) para non coincidir coa celebración da ROMARÍA DAS PASCUILLAS na honra da Nosa Señora Santa María da Franqueira