O Concello asina unha nova operación de crédito a curto prazo con ABANCA
- Para amortizar a anterior Póliza de 491.212,85€ co compromiso de ceder e pignorar 221.212,85€ en canto se reciba o ingreso da axuda do IDAE das obras do alumeado público de Valeixe, Achas, Couto e Parada, todavía sen abonar polos Fondos Europeos.
- A concertación desta nova operación aprobouse no Pleno do 28 de setembro, tendo que celebrarse unha 2ª Sesión o 6 de outubro para matizar aspectos de redacción xurídica por requerimento da entidade Bancaria.
O pasado 6 de outubro o Pleno do Concello aprobou cos votos a favor do Goberno a contratación dunha nova Póliza de Crédito por un importe de 491.212,85€ con Abanca.
Unha operación de Tesourería que ten como obxecto atender o pago dunha débeda de 300.000€ asinada en outubro de 2016, en anteriores mandatos, e que se ampliou en 221.212,85€ para poder adiantar o pago das obras de reforma integral do alumeado público en Valeixe, Achas e Couto- Parada. Un total de 521.212,85 €uros que se reduciron en 30.000€ en agosto de 2022 como condición para poder contratar unha póliza por un ano máis.
Rematado o vigor desta operación en agosto deste 2023, o Concello solicitou unha nova Póliza de Crédito, chegando a un acordo coa entidade Abanca de reducir do Límite desta operación as cantidades dacordo coas seguintes condicións.
- Cando o Concello teña recibido o ingreso do IDAE da obra de reforma do alumeado público de Valeixe, se liquidará co Banco o 100% da subvención recibida, un total de 221.212,85 €. Reducindo a débeda a 270.000€.
- - A maiores, no momento en que se reciban os ingresos das obras de Achas e de Couto – Parada se amortizará o 15% de cada unha destas axudas, un total de 48.000€ o que reducirá a Póliza á cantidade de 222.000€.
A este respecto o Alcalde Luis Piña informou esta mañá que “o Ministerio para a Transición Ecológica y el Reto Demográfico, do que depende o IDAE, leva informando ao Concello dende este mes de xullo que as tres obras de reforma do Alumeado de Valeixe, Achas e Couto- Parada, están perfectamente xustificadas e contan co informe favorable do IDAE, a expensas de que en calquera momento, antes de rematar este ano, ingresen as axudas. Neste momento se liquidará o 53% da operación solicitada:260.212,85€".
Ademáis o Alcalde manifestou “o importante esforzo que está asumindo o Concello para reducir esta póliza que naceu no ano 2016 con 300.000€ e que neste novo ano quedará minorada en 78.0000€, considerando a política de axustes que dende o mandato anterior estamos aplicando dende a gobernanza nun exercicio de equilibro para poder atender a mellora das infraestruturas municipais e facer fronte á débeda herdada tamén en facturas a proveedores.”