
- O Concello aporta a través desta colaboración un total de 2.500€uros.
- 1.500,00€ para premios, en vales de compra de 10€ que se poderán gastar nos comercios da Cañiza ata o mes de outubro de 2024 e outros 1.000,00€ que irán destinados a cubrir parte dos gastos de organización.
- Un evento que mañá sábado, 27 de xullo, encherá de colorido e festa as rúas da Cañiza, dende as 11.30h e durante todo o día.
- Dentro da programación desta III Edición do “Entroido de Verán” destaca o desfile e concurso de disfraces e comparsas que comezará a partires das 19.15h con saída dende a Carballeira do Cacharado.
Así o comunicou o Alcalde Luis Piña despois de ter asinado esta mañá o Convenio de Colaboración xunto con Mercedes Lorenzo, en representación do Club Balonmán Cañiza e Sandra Fidalgo, en representación da Asociación de Comerciantes.
O Convenio recolle unha aportación do Concello de 2.500,00€ para os organizadores, o Club Balonmán.
Deste total, 1.500,00€ estarán destinados a sufragar os premios do concurso de disfraces que conta con dúas categorías: comparsa e individual.
Premios da categoría de Comparsa
- 1º premio cun bono de 700€.
- 2º premio de 300€
- 3º premio de 150€.
Premios da categoría de Individual ou Grupo (admisible ata 3 persoas)
- 1º premio de 200€.
- 2º premio de 100€
- 3º premio de 50€.
Todos os premios son bonos canxeables no comercio local da Cañiza, teñen unha validez de 3 meses dende a súa entrega e non poderán ser reembolsables monetariamente.