
O Alcalde anunciou a aprobación por unanimidade de toda a Corporación Municipal do Convenio de colaboración co CBC por un importe anual de 20.000€. Un acordo adoptado na Sesión Extraordinaria do Pleno celebrado este 8 de abril, ás 9:00h.
O CONCELLO APROBA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA O 1º CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CLUBE, RATIFICADO POLO PLENO.
LUIS PIÑA RESALTA A IMPAGABLE LABOR QUE O CBC ESTÁ DESENVOLVENDO EN PROL DA EDUCACIÓN DEPORTIVA DOS NENOS E NENAS E MOZOS DA CAÑIZA AO FOMENTAR E PROMOVER OS VALORES E RELACIÓNS SOCIAIS ENTRE OS NOSOS XOVES.
ADEMÁIS PON EN VALOR O ALTO NIVEL DE COMPETICIÓN DOS EQUIPOS DO CLUBE E A COMPENSACIÓN QUE TEN PARA O NOME «CONCELLO DA CAÑIZA», PROMOCIONADO E DIFUNDIDO POLO CBC EN TODOS OS ENCONTROS DISPUTADOS A NIVEL PROVINCIAL, REXIONAL E NACIONAL.
NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS O CONCELLO TAMÉN MELLOROU AS CONDICIÓNS DO PAVILLÓN DEPORTIVO “CARBALLO DO MARCO”, CENTRO BASE DO CLUBE, INVESTINDO MÁIS DE 116.000€ EN REFORMAS E EQUIPACIÓNS E XA TEN APROBADOS OUTROS 60.000€ PARA EXECUTAR AS OBRAS DA FASE II DE MELLORA DOS VESTIARIOS E ASEOS.
No Pleno extraordinario celebrado esta mañá aprobouse por primeira vez a sinatura dun Convenio co Balonmán Cañiza polo que o Concello apoiará un ano máis a este Clube de élite da nosa localidade cunha aportación económica de 20.000€ para esta anualidade ademáis de poder disfrutar gratuitamente dos servizos que ofrece o pavillón deportivo Carballo do Marco e explotar para o seu propio beneficio os servizos inherentes a esta instalación sin ter que pagar ningunha taxa ao Concello.
Nesta Sesión, na súa parte resolutiva, tamén se aprobou definitivamente o Regulamento Orgánico Municipal e a Conta Xeral do ano 2018.
No punto 3 da Orde do Día aprobouse o Convenio de Colaboración co Clube Balonmán Cañiza.
Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña “é a primeira vez que o Pleno do Concello da Cañiza aproba un convenio cun clube deportivo”. Este Convenio de colaboración está dotado cunha consignación orzamentaria de 20.000€, dos que unha parte proceden de recursos propios do Concello e outra porcentaxe de aportacións económicas de empresas privadas.
Un esforzo económico notable considerando a situación de quebra económica do Concello que dificulta o normal desenvolvemento das prestacións e servizos propios da entidade local.
En palabras do Alcalde Luis Piña “a financiación por parte do Concello ao CBC está máis que xustificada atendendo á importante labor que o clube está desenvolvendo en prol dos nenos e nenas e xoves da Cañiza, inculcándolles os valores inherentes ao deporte, ás relacións sociais, á disciplina, ao esforzo, ás ganas de acadar metas e por suposto o sacrificio que todo esto supón para os nosos xoves, pero que sen dúbida é compensado”.
Ademáis durante os dous últimos anos o Concello apostou fortemente polo Clube Balonmán no tocante aos investimentos en infraestruturas. Un total de 116.000€ en obra de reforma e mellora do pavillón polideportivo “Carballo do Marco”, que é o Centro de adestramento e competición do CBC.
50.000€ destinados a mellora da Cuberta e eliminación de humidades, 40.000€ para a reforma integra dun ala dos vestiarios e aseos e 25.000€ para a adquisición do videomarcador. A esta cantidade hai que sumar outros 60.000€ destinados á reforma da outra ala dos vestiarios que xa están concedidos polo Plan Concellos da Deputación e cuxa obra comezará nesta anualidade. Tamén neste mandato se consegiu poñer en funcionamento o sistema calefactor do Pavillón.
Luis Piña recordou tamén que tanto o clube balonmán como outros clubes deportivos subvencionados polo Concello, disfrutan ademáis doutro tipo de beneficios como é o poder instalar e explotar establecementos nos festexos locais para obter ganancias para sufragar os respectivos clubes, sin ter que abonar ningún tipo de taxa ao Concello, o que lles reporta financiación adicional e unha grande vantaxe fronte a outros establecementos locais.
Un esforzo de colaboración conxunto en beneficio de toda a comunidade deportiva.