O Concello aproba en Pleno un convenio para a creación da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas e a posta en marcha do Proxecto de Prevención de Drogodependencias.
- Un novo servizo que se prestará por xestión compartida entre os concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón e que cubrirá a unha poboación total de 10.810 habitantes.
- Este proxecto, dirixido á comunidade en Xeral, prestará especial atención á poboación adolescente e ás súas familias.
- Parte das actuacións se desenvolverán nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.
Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña, no Pleno extraordinario e urxente celebrado este 16 de xaneiro ás 16.30h, aprobouse por unanimidade de toda a Corporación o texto do novo Convenio de Condutas Aditivas para a creación desta Unidade e o desenvolvemento do proxecto de prevención de drogodependencia.
Un novo servizo de prestación agrupada e xestión compartida entre os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón que permitirá a posta en marcha desta nova unidade para os anos 2022-2025, xestionado dende o Concello da Cañiza como promotor.
Esta nova unidade de prevención de condutas aditivas ten un investimento de 51.800,39€ para os catro anos e está cofinanciada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da Orde do 21 de xullo de 2022, cunha axuda total de 42.476,32 € para os catro anos, distribuidos en 7.079,39 € para o ano 2022, 14.158,77 € para 2023, 14.158,77 € para 2024 e 7.079,39 € para o ano 2025. Os 9.324,07 € restantes serán aportados polos Concellos en proporción a criterios de poboación.
Un importarte servizo que entra en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas coa agravante de que a idade de inicio do consumo segue sendo moi temperá, entre os 12-13 anos.
Os concellos da Cañiza, Arbo, Crecente, Melón non son alleos a esta problemática e tendo en conta que a poboación máis nova dos 4 municipios conflúe en espazos comúns, unha vez máis, adoptaron o acordo de colaborar para desenvolver as accións que permitan traballar na prevención das drogodependencias e na promoción da saúde. Tamén se comprometen a cumprir cos obxectivos marcados polo Plan de Trastornos Aditivos de Galicia, co fin de reducir, na medida do posible, a problemática ocasionada polo consumo de drogas na Comunidade Autónoma.
UNIDADE DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS
O novo servizo contará cun profesional con titulación universitaria e formación específica en condutas aditivas. A unidade terá a súa sede no Concello da Cañiza, ainda que o técnic@, se desprazará ao resto dos Concellos para atender o servizo.
Entre as funcións da unidade están principalmente, a execución e avaliación dos programas de prevención de condutas aditivas, actuar como nexo de unión entre a Dirección Xeral de Saúde Pública e calquera entidade que teña relación coa prevención das condutas aditivas e atender e canalizar as demandas de información, asesoramento e formación sobre este tema.
DISTRIBUCIÓN APORTACIÓN MUNICIPAL SEGUNDO POBOACIÓN PARA OS 4 ANOS.
|
CONCELLO |
Nº HABITANTES |
APORTACION % |
APORTACION € |
|
A CAÑIZA |
5.115 |
47,30% |
4.410,28 |
|
ARBO |
2.599 |
24,04 % |
2.241,50 |
|
CRECENTE |
1.961 |
18,00 % |
1.678,33 |
|
MELON |
1.135 |
10,66 % |
993,94 |
|
TOTAL |
10.810 |
100,00% |
9.324,05 |
NÚMERO TOTAL HABITANTES:10.810
APORTACIÓN MUNICIPAL TOTAL: 9.324,07 (18%)