O Concello acomete novas obras de urbanización no Parque Uceira, «ANTIGO MERCADO DO GANDO» para mellorar a infraestrutura viaria
- Así o anunciou o Alcalde Luis Piña esta mañá en referencia ás obras de mellora do parque empresarial “Uceira”, adxudicadas á empresa NAROM por un importe de 27.777,80€, impostos engadidos.
- A obra conta cunha subvención do 80% de 22.512,64€, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.
- O Concello terá que aportar con cargo aos seus fondos o 20% restante que ascende a 5.265,16€. Por outra banda, os gastos do proxecto redactado polo Arquitecto Manuel Rodríguez Fontán, están sufragados sen coste algún para o Concello.
- As obras de mellora do parque empresarial consistirán na renovación da sinalización horizontal e vertical e instalación de novos equipos que impidan o paso no fin da rúa. Tamén inclúe a reposición do muro de peche da parcela de acopio de materiais do Concello, retirado para axustar a rúa ás alineacións desenvolvidas nunha anterior actuación de mellora da urbanización do parque, acometidas no mes de novembro de 2022.
Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña “esta nova actuación no parque ten por obxecto mellorar a circulación do tráfico rodado e peoníl con sinaléctica máis clara. Mellorar a seguridade desta rúa sen salida e cunha grande pendente, para evitar a continuidade dos vehículos fora deste ámbito e tamén repor un ben e unha medida antivandálica dunha das parcelas afectadas”.
Estas reformas responden ás deficiencias que presentaba o parque no tocante ás súas infraestruturas, fruto de execucións por tramos ao longo dos anos, sen intervencións unificadas.
As últimas obras desenvolvidas en novembro de 2022 xa viñeron a corrixir as deficiencias máis importantes, executándose unha obra de urbanización que mellorou a humanización do parque, ampliando beirarrúas e completando a urbanización das rúas polas alineacións establecidas nos planos de ordenación municipal, o que permitiu legalizar o «PARQUE UCEIRA».