
Relacionada coa adicción dos menores ás novas tecnoloxías.
Unha formación enmarcada dentro dos programas da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
A xornada comezou ás 16.30 no Salón de Plenos do Concello coa intervención do Alcalde Luis Piña que deu a benvida a máis de 50 asistentes, agradecendo o interese de todos os presentes e o esforzo e dedicación do persoal de Servizos Sociais por ter traballado nesta importante charla para todos os que temos a responsabilidade de educar.
A tarde de onte contou con dous ponentes de excepción, os doutores Alexandre García Caballero e Antonio Rial Boubeta, que durante case 4 horas nos introduciron polo complicado mundo de formar aos nosos fillos e lidiar cun dos grandes retos da sociedade actual: as tecnoloxías, redes sociais e as adiccións que poden producir. O Alcalde agradeceu a participación e implicación de ambos doutores no desenvolvemento da xornada que non deixou indiferente a ningún dos asistentes.
Intervención do doutor Alexandre García Caballero
Psiquiatra e coordinador de programas de prevención e promoción da saúde mental do SERGAS e tamén coordinador do programa YAM para a prevención do suicidio no eido escolar en España.
Quén é mellor nai ? : Aquela que podendo dalo TODO, só da a METADE.
Alexandre centrou a súa ponencia na importancia de educar para a autonomía e para a independencia persoal. “Labor que se complica para as nais e os pais na sociedade actual, que no intento de cumplir con creces coas responsabilidades marentais e parentais, fan uso da sobreprotección e do control como ferramentas educativas, xerando relacións de dependencia e de continuidade dos propios medos”.
- A importancia de educar en valores.
- De recuperar e dar valor á familia e á veciñanza (“facer parroquia”).
- De compartir tempo cos nosos fillos e fillas en familia.
- Da aceptación dentro do grupo de iguais.
Aspectos que segundo mencionou o Doutor, debemos volver a colocar como referentes na educación dos nosos fillos e fillas, para un axeitado desenvolvemento emocional e que xogan nun papel fundamental á hora de previr problemas de saúde mental .
Os altos índices de suicidio e intentos autolíticos na poboación en xeral e na poboación adolescente, son indicadores de que algo está fallando ,de que algo non estamos facendo ben.
Intervención do doutor Antonio Rial Boubeta
Profesor da Facultade de Psicoloxía da USC, investigador, autor de numerosos artigos relacionados coa adolescencia e os riscos das novas tecnoloxías e experto en adolescentes, adiccións e convivencia.
Rial Boubeta centrou a súa ponencia no uso e as relacións que establecen os e as adolescentes coas novas tecnoloxías.
Advertiu do acceso e uso cada vez máis temperá. Ao redor dos 10 anos, moitos nenos e nenas xa teñen un dispositivo móbil. Neste escenario debemos prestar atención a condutas normalizadas que realizamos os adultos cos pequenos cando lles colocamos un móbil cos debuxos xa dende bebés, sen darnos conta da activación que se produce sobre eles.
É primordial a responsabilidade que como nais e pais temos nese senso e tamén da responsabilidade á hora de educar dixitalmente aos nosos fillos e non delegar noutros axentes que participan na educación dos nenos.
Cumplir con esa responsabilidade evitará moitas das problematicas que a día de hoxe se manifestan nos centros educativos, consultas sanitarias e nos fogares:
- Acceso á pornografía e o que esta situación conleva nas futuras relaciones de parella ou persoais.
- As habilidades sociais para o manexo dos conflitos, situacións de acoso a través da redes sociais .
- A autoestima, a necesidade de contacto social e as novas formas relacionarse a través das redes que desemboca en horas sin control de conexión e o illamento social.
- Os modelos irreais de éxito social expostos nas redes que promoven a falta de motivación e de esforzo persoal á hora de asumir responsabilidades profesionais ou os estudos.
- A hixiene do sono e os problemas co xogo e as ludopatías foron tamén mencionados por Rial.
Cómo previr que os nosos fillos desenvolvan un problema co uso das tecnoloxías ?
- OBSERVAR,
- POÑER LÍMITES,
- CONTROLAR
- E AO MESMO TEMPO ACOMPAÑAR,
- RETRASAR a idade na que un menor pode ter móbil ou tableta
Éstas son pautas fundamentais que debemos ter claras e poñer en práctica á hora de promover un uso responsable da tecnoloxía.
Rial destacou sobre todas estas pautas a responsabilidade das persoas referentes de EDUCAR.
Ao final da formación o Alcalde anunciou que “dende os concellos que formamos parte deste proxecto, seguiremos traballando na prevención e sobre todo na labor de implicar e aumentar a participación das familias neste tipo de actividades”. Luis PIña tamén recalcou a importancia da colaboración entre Concellos que permite acceder a estos programas.
Galería multimedia






