O Centro da 3ª Idade da Cañiza acolleu esta mañá unha charla sobre consellos de seguridade para persoas maiores

Impartida pola Garda Civil e Policía Local da Cañiza

Unha charla sobre seguridade dirixida a persoas maiores, onde se abordaron cuestións como as estafas do gas, electricidade ou as chamadas telefónicas para pedir datos co fin de subtraer diñeiro.

Durante a xornada se abarcaron temas como situacións cotiás nas que se dan casos de delincuencia e cómo identificalos, ciberseguridade, consellos para ir ao banco, maneiras de actuar ante posibles abusos na contorna familiar residencial e consellos para ter unha maior seguridade no domicilio e na rúa.

O obxectivo da charla é que @s asistentes saiban cáles son os recursos que están á súa disposición no caso de que se poidan vivir situacións de delincuencia ou se coñeza a alguén que as esté vivindo, pero tamén incidir en que a Garda Civil e a Policía Local do Concello, están preto de todos para dar unha resposta aos diferentes problemas.

Algúns consellos:

  • ·Se perde as chaves da súa vivenda, cambie as fechaduras.
  • ·Infórmese sobre as revisións técnicas no seu fogar, para evitar a entrada dun “FALSO TÉCNICO”.
  • ·Non facilite datos persoais nin bancarios a descoñecidos.
  • · Non fale con estraños sobre os seus plans de viaxe nin o publique en redes sociais.
  • ·No Banco, procure ir acompañado de alguén de confianza, ou pregunte aos empregados e non acepte axuda de descoñecidos.
  • ·Utilice caixeiros interiores e oculte a súa clave secreta.
  • ·Domicilie os seus pagos e evite sacar grandes cantidades de diñeiro.
  • ·Se lle rouban as súas tarxetas, anúleas e denuncie os feitos.
  • ·Na vía pública trate de camiñar pola parte interior da beirarrúa.
  • ·Leve o bolso a modo de bandoleira e non garde os seus obxectos persoais nos petos traseiros.
  • ·En aglomeracións vixie as súas pertenzas.
  • ·Se é vítima dun atraco, non se resista.
  • ·Non acepte propostas que lle fagan na rúa, pode ser unha estafa.
  • ·Se o chaman dende un número de teléfono descoñecido, NUNCA CONTESTE NIN DIGA SI. Poden estar grabando para despois utilizar a súa voz e o seu “SI” para realizar unha estafa.

E lembre que ten ao seu dispor 2 números de teléfono, da POLICIA NACIONAL (091) e da GARDA CIVIL (062) para denunciar calquera destas situacións.

 

Plan Mayor Seguridad