O Castelo de Sobroso en Ponteareas reabriu onte as súas portas e presentou a súa musealización

Onte tivo lugar a reapertura desta fortaleza que permaneceu pechada durante a Pandemia, tempo que foi aproveitado para adaptar a súa  musealización e converter o Castelo nun dos activos máis potentes da provincia.

 

O pasado 4 de abril, ás 11h os Alcaldes e Alcaldesas dos Concellos do Condado – Paradanta, asistiron como convidados da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, á impresionante presentación da Musealización do Castelo de Sobroso e a súa reapertura tras o proxecto de posta en valor levado a cabo pola Deputación neste recurso senlleiro do patrimonio histórico da comarca.

Neste acto explicouse con detalle a historia do Castelo e a súa influencia no desenvolvemento e devenir histórico, político, social e económico dos Concellos das Comarcas do Condado e Paradanta. Unha historia que tamén é a nosa.

Sen dúbida esta fortaleza converterase nun gran centro turístico provincial.

Un lugar que paga a pena visitar !!!