O Boletin Oficial do Estado publica o Convenio entre o Concello da Cañiza e Zona Franca de Vigo para desenvolver un novo parque empresarial de 846.000 m2 na Cañiza.

O xoves 13 de abril de 2023, o Boletín Oficial do Estado (BOE) Nº 88 publicou a “Resolución de 4 de abril de 2023, del Consorcio de la Zona Franca de Vigo, por la que se publica el Convenio urbanístico de planeamiento con el Ayuntamiento de A Cañiza, para la implantación de un parque empresarial”.

Despois desta publicación que oficializa o convenio, o seguinte trámite a seguir correspóndelle ao Concello da Cañiza, que debe iniciar o procedemento de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para cambiar a clasificación do chan neste ámbito, pasando de rústico de protección forestal a chan urbanizable, recolléndose a cualificación de uso industrial. 

O Boletin Oficial do Estado publica o Convenio entre o Concello da Cañiza e Zona Franca de Vigo para desenvolver un novo parque empresarial de 846.000 m2 na Cañiza.